mércores

ACTIVIDADE DÍA DAS ESCRITORAS 2017

Por equipos teredes que cubrir os datos que vos pedimos destas escritoras galegas actuais.




O primeiro dos datos teredes que buscalos en internet buscando polo nome.

E non vos asustedes, porque para atopar os títulos que delas temos na biblio non teredes que mirar de un en un nos andeis, senon que o faredes a través da nosa biblioteca na Rede de Bibliotecas de Galicia do Proxecto Meiga.

Seguide estas instruccións:


  • Clica na imaxe e estarás na nosa páxina. A que mola?



  • Debaixo do nome do noso cole hay tres ventás de busca. Na segunda ventá clica na frecha e selecciona Autor. Na terceira escribe o apelido da autora que queiras. Dálle a enter ou clica na lupa.
  • Ábrese unha lista alfabética de tod@s @s autores/autoras a partir do apelido que escribiches e o número de títulos que temos rexistrados na biblio desa autora. Busca a que necesitas e clica sobre o seu nome. (Ás veces o nome aparece repetido porque iso depende de si as persoas que catalogaron  ese título escribiron o nome de forma diferente. Si é así tes que clicar en todos os nomes "iguais" que aparezan para acceder á lista completa dos títulos desa autora.)
  • Ábrese entón unha nova páxina onde podes ver os títulos, e os seus datos principais. Xa tes os datos que precisabas. (Se clicas sobre o símbolo do A metido nun círculo accedes a información sobre a autora  e ilustrador ou ilustradora e enlaces ás súas páxinas web se é que as teñen)
CURIOSIDADES!!!!

Ás veces nesta última páxina dos títulos atopamos máis información sobre un libro, como resumes, opinións, resumos de "audio"....
Busca  de Fina Casalderrey Quen me quere adoptar?, clica no titulo e fíxate ben que podes ler un pequeno resumo do libro e incluso escoitalo con voz sintetizada.

A que mola?


















Ningún comentario:

Publicar un comentario