Por iniciativa da Biblioteca Nacional de ESpaña (BNE) xunto a Federación Española de Mulleres Directivas, Executivas, Profesionais e Empresarias (FEDEPE) e a Asociación Clásicas e Modernas (CyM) naceu esta conmemoración, para facer visible o traballo das mulleres na literatura, que igual que en moitras outras áreas da cultura (ciencia, matemáticas, filosofía, pintura,....), foi discriminado ao longo da historia:
- Sabías que Emilia Pardo Bazán (nobre e arístócrata novelista, periodista, crítica literaria, poetisa, traductora, editora e catedrática galega) intentou tres veces entrar na Real Academia da Lingua Española e lle dixeron "las señoras no pueden formar parte de este Instituto"?
- Sabías que a Gertrudis Gómez de Avellaneda (escritora e poetisa cubana), José Zorrilla (ilustre escritor español) lle dixo "la mujer que escribe es un error de la naturaleza"?
- Sabías que houbo moitas escritoras que para poder publicar os seus libros se poñían nomes de home?
Clica na imaxe e leras un artigo sobre o tema:
- Sabías que a autora de Harry Potter (Joanne Rowling) firmou os libros do famoso mago co nome J. K. Rowling porque o seu editor pensaba que con nome de muller vendería menos libros? E que isto pasou hai ben poucos anos?
Vai ser que a Conmemoración do Día das Mulleres Escritoras aínda é necesaria.
"A casa de Pulpi", biblioteca do cole, quere participar nesta conmemoración propoñéndovos esta actividade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario