Non só se trata de aprender a manexar o programa de xestión para realizar os empréstitos e as devolucións axeitadamente (moi importante, por certo) senón tamén das súas responsabilidades como axudantes, o seus compromisos e a necesidade de dar exemplo aos demais.
Tamén a coñecer ben a biblioteca. Saber onde se atopan os libros que podemos andar buscando, saber asesorar e tamén chamar á orde sen ser uns "mandóns" ou "mandonas".
Aquí vos deixo unhas fotos deses momentos acompañadas do RAP de El Langui "Se buscan valientes", porque ademais de que queremos que o sexan para deue é necesaria certa valentía para afrontar este traballo que realizarán.
GRAZAS CHIC@S!!!
APRENDENDO A SER AXUDANTES DE BIBLIOTECA by Slidely Slideshow
Ningún comentario:
Publicar un comentario