venres

O LIBRO DOS PORCOS NO DÍA DA MULLER TRABALLADORA

E tamén houbo unha sesión especial de "A hora do conto".
Escollimos un ano mais "O libro dos porcos", pero esta vez lendo o texto acompañando a lectura coa proxeccións das imaxes na pantalla.
A profe Begoña foi a encargada esta vez da lectura, porque interesábanos unha lectura expresiva, entonada e ben medida, que acompañase axeitadamente á proxección das ilustracións, que non se limitou a unha sucesión das páxinas do libro, senón que afondaba nos moitos detalles que gardan.
De como  se van convertendo en porcos moitos dos obxectos da casa: o broche do señor Porcón da lapela da chaqueta, o dos fillos nas súas, os obxectos, os grifos, os retratos, os tulipáns do papel pintado das paredes, as flores do sofá, o saleiro.... Porque é un libro onde non só fala o texto e no que ademais de ler o texto debemos ler as ilustracións.








Moitos recordaron que este conto fora representado teatralmente hai uns anos, e para recordalo e amosarllo aos que non estaban aínda no Cole puxemos o vídeo:

E aínda que xa está nunha entrada antiga deste blog deixámolo aquí outra vez para que o disfrutedes.


Ningún comentario:

Publicar un comentario