venres

MARGARIDA CORRAL: CHARLA DIDÁCTICA SOBRE O DÍA DA MULLER TRABALLADORA

O martes día 14 de marzo tivemos o pracer de contar no cole con Margarida Corral.


Pedímoslle esta charla porque Margarida é Socióloga e especializada no tema da Igualdade e con diversas publicacións sobre o tema.
Aceptou a nosa oferta chegou ao centro cargadiña de tesouros: libros e contos que educan na igualdade, unhas gafas especiais para ver as cousas de cor lila, pelotas para dar turno de palabra ou escoller voluntarios e voluntarias que lle axudasen na súa exposición, e un grande mural, elaborado por ela, que recolle unha síntese de todo o que nos falou e explicou.

Foi todo un luxo contar con ela, co seu ben facer, coa súa claridade na charla, na que soubo chegar a tod@s independientemente da idade, (e nós como docentes sabemos que iso non é doado), e deixounos un doce sabor de boca e unha débeda con ela que non sei se poderemos pagarlle.

Por suposto firmounos no libro de visitas, onde quedará rexistrado (ademais de neste blog) o seu paso pola nosa biblioteca do Centro.

E como unha imaxe vale máis que mil palabras aquí vos deixo as imaxes deste día, que por si soas corroboran o que acabades de ler.

MOITAS GRAZAS!!!!!!


MARGARIDA CORRAL E A NULLER TRABALLADORA by Slidely Slideshow

Ningún comentario:

Publicar un comentario