Durante a "Hora de ler" de varios día do principio de marzo visionáronse os primeiros catro vídeos do documental galego "Contra os elementos", que trata de visibilizar o deporte feminino na provincia de A Coruña, a través das súas protagonistas.
O título obedece tanto ás dificultades que todas as protagonistas atoparon nos seus camiños polo feito de ser mulleres coma aos elementos da natureza, agrupando os deportes en "Lume", "Auga", "Terra" e "Aire".
A profe Pîli, profesora de E. Física do Cole e responsable do Equipo de Dinamización da Lingua Galega foi quen aportou e levou a cabo esta actividade, establecendo en cada sesión unha charla posterior ao visionado do vídeo onde todos e todas podían aportar a súa opinión.
A visibilidade das mulleres deportistas e do deporte feminino é básica para unha verdadeira igualdade.
MOITAS GRAZAS PILI!!!
Clicando no enlace de arriba podedes acceder á páxina web do proxecto, onde poderedes ver estes catro vídeos que aquí deixamos (por seren os que vimos no cole) e a outro máis que pecha o documental extraendo conclusións.
Ningún comentario:
Publicar un comentario