mércores

ROSALÍA DE FESTA. CÓMIC.

O pasado 3 de maio, presentouse na sociedade de Amigos da Paisaxe Galega de O Seixo o cómic de Anxos García Fonte ( Profesora e Xornalista, texto) e de Carlos Sardiña (ilustracións).

Convidamos a todas as familias da nosa comunidade educativa a asistir e nós non podiamos faltar.
Na imaxe correspondente ao convite enviado ás familias, se pode observar o anuncio do visionado do vídeo que grabamos xunto aos nenos e nenas da escola de O Seixo, polo Día de Rosalía de Castro.
Tamén salientamos que o cole colaborou emprestando a megafonía así como unha pantalla portátil e un canón proxector para celebrar o acto.

Alí os autores falaron do proceso de traballo que fixeron así coma do estilo empregado para transmitir mellor o que se pretendía e fixémonos cun exemplar ainado para a nosa biblioteca.

Tamén nese acto a alcaldesa de Mugardos informou de que o Concello repartiría exemplares a todos os Centros educativos.

Ademais contouse coa actuación de Eugenia Sanmartín cantando o poema (Se a vernos Marica nantronte viñeras) que deu lugar a toda esta iniciativa, que aínda está a esperar que a Diputación publique o libro.

Henrique Sanfiz presentando o acto.
Sentad@s de esquerda a dereita: 
Anxos García autora do texto do cómic, 
Pilar Díaz alcaldesa de Mugardos e 
Carlos Sardiña, ilustrador da obra presentada


Eugenia Sanmartín, actriz, 
directora do Grupo de Teatro Afeccionado Teruca Bouza de O Seixo (e doutros),
escritora da obra "Rosalía: poeta a beira do mar" (entre outras) e cantante
 nun momento da súa actuación


intervención da alcaldesa de Mugardos


O cómic,  sumérxenos na historia de O Seixo e da Galicia daquela época. As ilustracións apoian o relato utilizando distintas gamas de cores para diferenciar a actualidade do pasado, cun final sorprendente.

Se clicades nestas dúas primeiras imaxes accederedes a información que sobre o tema se foi publicando en diferentes medios.

















Ningún comentario:

Publicar un comentario