venres

MAÑÁS LITERARIAS

Este ano puxemos en marcha unha nova actividade de Lecturas Compartidas.
Trouxo a idea a profe Susana e a verdade é que é estupenda.

Unha vez toca o timbre de entrada unha nena ou un neno (ou un pequeno grupo) le aos demais un pequeno texto.
Para que se lle vexa ben súbese a un banquiño (e agora a un taburete-escaleira que mercamos para tal fin) e para que se lle oia ben utilizamos un micro con amplificador portátil.
Mediante esta pequena actividade tod@s volvemos á calma antes de entrar ao cole e para non rompela aplaudimos sirando as nosas mans no aire, sen facer ruído, para non perder a maxia do momento.

Como non podía ser doutro modo, este ano no que o Lema das Bibliotecas Escolares é o de Poesías diversas na Biblioteca Escolar, comenzamos lendo poesía.
Cando rematou a ronda (todas as alumnas e alumnos do cole, agás E. Infantil, leron algún poema) comenzamos outra nova ronda de relato curto.

Que vos parece?




xoves

APOSTA POLA PAZ

Polo Día da Paz na clase de Música preparamos a canción "Apuesta por la paz" de Noel Soto para cantar todos xuntos na biblioteca do cole, porque habitualmente é o noso punto de reunión colectiva e onde celebramos moitas festas e actuacións e porque ademáis nesta ocasión tratábase dunha actividade máis dentro do lema das Bibliotecas Escolares deste ano "Poéticas diversas na biblioteca escolar" porque hai cancións que non fan máis que enriquecer os poemas que conteñen.




Pedímoslle permiso a Noel Soto para traducir ao galego a súa canción e para adaptala musicalmento aos nosos medios, permiso que xenerosamente nos foi concedido.

Imaxe do seu muro de Faceboock



Para que todo o alumnado puidese practicar a canción todas as veces que necesitase colgamos no blog unha versión "cutre" da canción, grabada pola profe de música na súa casa cos escasos medios dos que dispón, pero que igualmente era útil para o seu cometido.

Esta grabación chegou pois aso fogares, e  a Manuel Ramil (músico actualemnte teclista do Grupo Avalanch e que conta cun estudio de grabación en Ares) ocurriúselle que podiamos grabala con bos equipos de son e así nolo ofreceu.

Aceptamos a súa oferta, suxerindo que queriamos grabala cantando xunto con nenas e nenos do cole.





Por casualidades da vida, nos mesmos días que recibimos esta oferta tamén recibimos a de Suso Iglesias (músico acordeonista e profesor no Conservatoria Profesional Xan Viaño de Ferrol) de contar coa súa colaboración para a grabación e montaxe de vídeos, xa que posúe formación e pode poñer á nosa disposición equipos de calidade.




E claro!!!, preguntámoslles qué lles parecería xuntarse nesta grabación e aos dous pareceulles excelente oportunidade de obter un audiovisual de calidade.

E así foi. Durante unha semana ensaiamos a canción co alumnado que voluntariamente desexaba participar e por fin chegou o día sinalado.

Encheron a biblioteca xos seus equipos, movimos o mobiliario necesario para crear o espazo da escena, e á volta do recreo grabamos. Eles coma profesionais e nós ... casi, casi.

Queredes ver o resultado?

Pois aquí tedes un adianto!!!!








luns

XVII CERTAME DE POESÍA E IMAXE DE FERROLTERRA

Este ano moitas nenas e nenos do cole participaron no Certame de Creación Artística "Poesía e Imaxe" que organiza a Coordenadora de Equipas de Normalización da Lingua Galega de Ferrolterra e o Concello de Ferrol.

Trátase da XVII edición deste certame dirixido a todos os niveis de ensinanza non universitaria dos centros da zona. hai varias modadlidades de prarticipación dependendo das técnicas empregadas (audiovisual, collage, pintura...) e a idade.
O obxectivo fundamental é de que o alumnado coñeza a realidade plurilíngüe do mundo tendo que escoller un poema entre 30 poemas diferentes e en linguas diversas.

E DIEGO CASTRO, alumno de 6º de E. Infantil resultou premiado co seu traballo sobre un poema de María Canosa que aquí vos transcribo:

(...)Non teño coche, 
nin bicicleta,
non teño roupa
na miña maleta.

Non teño cartos,
non teño casa,
non teño un piano,
non teño nada.

Teño amigos, 
teño amigas,
teño quen me quere:
a miña familia.

Teño saúde
e un sorriso na cara,
ao final teño todo,
non me falta de nada.





E este é o traballo premiado:

  PARABÉNS DIEGO!!!!!!!!







NOVOS MATERIAIS BIBLIOTECA CREATIVA E BIBLIOTECA INCLUSIVA

Tamén estamos a adquirir novos materiais (e fondos documentais) para facer a nosa biblioteca máis creativa e inclusiva do que xa o era.
 De momento xa temos adquirido o seguinte material:




















Dúas unidades deste robot educativo co que se pode aprender aritmética, lóxica matemática,  xeometría, codificar un robot (programándoo mediante codificación de bloques). conta cunha App gratuíta e recoñecemento de voz. Idóneos para alumnado de 6 a 10 anos.

Aos Escornabots cos que xa contamos no cole e a estes dous mercados hai que sumarlle os que enviou a Consellería  pola nosa participación no  Proxecto de Robótica en Primaria que nos concederon este curso (3 Mblock) e coa dotación económica adquirimos 3 tablets IPAD especiales para educación, así como 3 unidades do robot de Lego WEDO.
E aínda que parte destes materiais os organizamos nunha aula de robótica que estamos a habilitar no centro en realidade  todos poden ser trasladaos da biblioteca á aula (ou aulas) e da aula (ou aulas) á
biblioteca.

ESCORNABOTS (7 unidades)





Robot LEGO WEDO (3 UNIDADES)

MBLOCK (3 UNIDADES)



Tamén adquirimos diferente material de construcción Lego e de libros que nos poden orientar ou inspirar nas nosas construccións.

LEGO 10404 (ESTÁ PULPI NA FOTO?)

LEGO EDUCATION 45020



LEGO CLASIC 10715


CLICA NA IMAXE PARA ACCEDER Á INFORMACIÓN DESTE FANTÁSTICO LIBRO.

Estes son, de momento, os materiais STEAM e Inclusivos adquiridos. Pero temos un listado de moitos outros que queremos adquirir, tanto no que se refire a fondos documenais como materiais específicos para a inclusión.

Irémosvos informando!!!











NOVO MOBILIARIO . RINCÓN CREATIVO NA BIBLIO

Estamos a completar a creación do novo rincón creativo e inclusivo da nosa biblio.

Para iso estamos a mercar diverso mobiliario e materiais específicos grazas á dotación recibida por pertencer  ao PLAMBE (Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares) , por entrar a formar parte este curso do Proxecto Bibliotecas Creativas no seo do PLAMBE (no que recibimos formación específica e catro Escornabots) e pola dotación económica percibida dende a Consellería de Educación para camiñar cara a unha Biblioteca 100% inclusiva.

Aínda non temos mercado todos os materiais necesarios pero isto xa vai collendo forma e as posibilidades que oferta o novo espazo son magníficas. Ademais conseguimos que esta zona tamén poida ser despexada facilmente cando a nosa biblio convértese en Salón de Actos, pola disposición do mobiliario e pola facilidade da súa retirada (rodas nalgúns mobles, mobiliario resistente pero lixeiro...)





Esta foi a nosa primeira adquisición de mobiliario. É o único que non se moverá do seu lugar nas festas e conmemoracións. Dalgunha maneira delimita o espazo, permite a vixiancia da zona dende a mesa de xestión e non interrumpe a vivibilidade dos futuros espectadores que ahí se sitúen nos festivais do cole.
Ademais ofrece un amplo espazo de almacenamiento tanto aberto para a súa rápida accesibilidade como pechado para aqueles materiais que así o precisen.
Nun futuro colocarémoslle un mesado un pouco máis ancho para convertilo máis axeitadamente nunha zona de traballo con diferentes materiais, que de feito xa o é coa adquisición de taburetes altos que permiten utilizalo de superficie de traballo.
Quitamos as cortiñas que había e estamos a confeccionar estores brancos para non restarlle luminosidade á zona.





Logo adquirimos os taburetes altos, as sillas e as mesas para traballar nesta zona.
O moble de cartolinas que se ve á dereita non quedará aquí. Haberá no seu lugar un carriño para achegar os materiais ás diferentes mesas que se utilicen nun momento dado.



Aquí, á esquerda das mesas podedes ver un moble expositor de chucherías que mercamos de segunda man e que colocaremos no lugar onde se ven agora as mesas máis baixas que xa tiñamos.
Os contenedores de metacrilato con tapa permitirán gardar materiais pequenos, facilitar o seu acceso e organización e sobre todo visibilidade. As portas corredeiras inferiores pechan un amplo espacio de almacenaxe que tamén resultará de utilidade. Ademais estamos a poñerlle rodas para podelo desprazar facilmente cando así se precise e instalaremos na súa traseira planchas de Lego para permitir traballar con este material en vertical, axudándonos duns taburetes baixos que mercamos para este fin e caixas plásticas con rodas para achegar o material Lego á esta zona.
A nova colocación "pechará" esta zona, pero ao tempo a deixa aberta a expandirse polo resto da biblioteca se é necesario.

Tamén mercamos unha pizarra branca magnética para convertila nun taboleiro para os escornabot. Colocarémoslle cintas negras remobibles para adaptar o taboleiro a novas posibilidades (xiros diferentes, avances diferentes...). Permitirá asimesmo que o propio alumnado deseñe os seus propios taboleiros e traballar contidos tales como a Educación Vial, cálculo matemático, xeometría...... por medio deste robot educativo (e outros)
(Aínda non temos fotos).


domingo

3º E 4º ENCÁRGANSE DE "A LÚA"

Dentro do proxecto colectivo “O Universo” 3º e 4º encargaríanse de traballar sobre a Lúa.
Xa nas primeiras fases do proxecto, e de acordo co lema das Bibliotecas Escolares redactaron Lemas e Poesías que encheron o mural da entrada do cole. (Creación Literaria).
En 3º, ademais de realizar pequeñas búsquedas de información, elaboraron unha Caixa de observación das fases da Lúa que presentaron na Exposición que polo Día da Muller e a Nena na Ciencia realizouse no cole.
En 4º, ademais realizaron un pequeño traballo de investigación que plasmaron nun folleto en forma de tríptico.






Traballo de 4º



Lemas rimados de 3º e poesías de 4º para o mural de entrada.



















OS TRABALLOS DE 5º


Andrea, a titora de 5º de E. Primaria, é toda unha experta en aportar á aula dinámicas de traballo totalmente innovadoras en todas as áreas de aprendizaxe.
Son un montón de actividades diversas e diferentes as que utiliza e utilizou durante o curso onde o seu alumnado traballou con multitude de materiais e elaboraron unha chea de traballos.

Se entrades  na súa aula veredes, en moitas ocasións,  a tod@s traballando en pequenos grupos con tarefas do máis variopintas para chegar a unha meta común e onde tod@s teñen algo que aportar.
Para isto utiliza todos os recursos que están ao seu alcance. Así que a biblioteca do cole está entre os recursos utilizados.
Se non baixan eles á biblioteca súbelles a biblioteca á aula. Así tamén o fai utilizando as tablets e os Ipad do cole e diferentes apps que lle axudan no traballo diario.

Non sería posible enumerar todos e cada un dos traballos realizados, ademais dos que prepararon para a Exposición do Día da Muller e a Nena na Ciencia, do que xa deixamos constancia na entrada correspondente



pero sinalaremos os máis salientables.

QUEN É QUEN DE PRODUCTOS QUÍMICOS . 
Coñecer o significado de moitos dos símbolos que aparecen en moitos dos productos utilizados de xeito cotiá.




















QUEN É QUEN DE MULLERES SALIENTABLES
Teñen que relaccionar a imaxe e o nome de mulleres salientables sobre as que lles dan un resumo da súa biografía e o seu aporte á humanidade.









OS NOSO ÓRGANOS
Fixádevos ben nas fotos:

Búsqueda de información, procesamento da mesma, e (aínda que non o vedes) gravación dun vídeo expoñéndoo.Recortado, coloreado e plastificado dos diferentes órganos. Colocación nunha camiseta na mesma disposición na que se atopan no corpo humano. Detrás de cada órgano aparece un código QR que nos dirixe ao vídeo correspondente coa exposición das súas características e funcións....
Todo un traballazo!!!!






















Marabilloso traballo!!!