martes

VISITA AO CENTRO DE INTERPRETACIÓN DE CALDOVAL

Dende que este centro abriu en Mugardos aíndo non puideramos levar aos nosos escolares a visitalo e tiñamos moitas gañas de que o visen.

Este centro amosa un xacimiento atopado na ensenada de Santa Lucía coas obras feitas para abrir unha planta de gas (Reganosa) na nosa ría. Os únicos baños privados con palestra descubertos en todo o noroeste da península estaba alí. Era un lugar destinado á hixiene, a saúde , ao ocio e posiblemente tamén ao deporte e data do século I dC.
Trasladouse pedra a pedra ata lugar onde se atopa hoxe e dotándoo de outros materiais orixinais ou recreacións que completan a información dos baños.

E por fin visitámolo e ademais achegámonos máis á cultura romana mediante os obradoiros que fixemos.


Ningún comentario:

Publicar un comentario