martes

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Como o 24 de Febreiro, Día de Rosalía de Castro, coincidiu coa celebración do Entroido, conmemoramos tan sinalada data o día 23.

Como no cole temos un exemplar do libro "Rosalía" de Helena Villar Janeiro, ilustrado por Ánxeles Ferrer e editado pola Fundación Rosalía de Castro no ano 2006.
Presenta unha biografía moi sinxela e acompañada de poemas de Rosalía que "ilustran" o que nos vai contando o texto.
As ilustracións son sinxelas e delicadas e segundo a nosa opinión moi acertadas.

O caso é que decidimos que 3º de E. Primaria preparase esta lectura para o resto do cole e que a fixera utilizando o Kamishibai.

Así que escaneando as imaxes e escribindo o texto preparamos o Kamishibai. Acompañamos a lectura con música dalgúns dos poemas do libro.

Ilustración de Ánxeles Ferrer para o libro "Rosalía" de Helena Villar Janeiro

Ademais do Kamishibai, cada curso recitou, ou cantou, un poema da nosa querida Rosalía e acudiron todos e todas á biblioteca coa careta que elaboraron. 




Aquí vos deixamos uns vídeos deste marabilloso momento.

GRAZAS A TOD@S!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario