venres

25N: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VILOLENCIA DE XÉNERO

 Este ano, no noso cole, quixemos homenaxear neste día as irmás Mirabal (Patria, Minerva e María Teresa), tamén coñecidas como «As Bolboretas».

Foron tres activistas políticas da República Dominicana que se opuxeron con valentía á ditadura de Rafael Leónidas Trujillo. O seu asasinato o 25 de novembro de 1960 converteunas nun símbolo internacional da loita pola liberdade e contra a violencia de xénero.

Nos días previos o 25N, baixamos a nosa biblioteca a escoitar o conto das Tres Bolboretas, de Noelia Rodríguez e Foni Ardao, que narra a historia destas tres valentes irmás.

AS TRES BOLBORETAS 🦋

Nas sesións de educación artística desta semana, elaboramos entre todos e todas un mural, para homenaxealas co lema "Que todas as bolboretas voen alto" 


Hoxe en día, o mundo enteiro lembra a Patria, Minerva e María Teresa como un exemplo de valentía, amor e xustiza. Por iso, cada 25 de novembro celébrase o Día Internacional contra a Violencia de Xénero, para lembrar que todas as nenas e mulleres merecen vivir libres, seguras e respectadas.


Ademais, participamos na actividade "Voces que se ven" proposta para o VIII Encontro escolar de Ferrolterra pola eliminación da violencia de xénero, na que cada neno/a realizou unha boca personalizada cunha mensaxe pola eliminación da vilolencia e a colocou nunha estructura para crear así o noso propio "bosque de voces".


FRANZA DI NON Á VIOLENCIA!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario