Un ano mais, no noso centro, realizamos unha serie de actividades adicadas ao Samaín e ao Magosto.
Durante a semana do 26 o 30 de outubro, bruxas, pantasmas e esqueletos invadiron a nosa entrada para adornala xunto coas cabazas que pintamos nas sesións de Educación Artística e a exposición de libros de medo da nosa biblioteca.
Ademais para facer un consumo responsable antes da chegada do Samaín, recibimos unha charla na nosa biblioteca da Escola Galega de Consumo co titulo, " No Samaín con sumo coidadín" na que aprendimos os perigos que nos podemos atopar nos disfraces, e nos accesorios característicos desta data.
O venres 30 de outubro, acudimos todos e tadas a biblio para escoitar aos nosos compañeiros de 5º e 6º contar unha serie de relatos de medo e misterio de creación propia.


.jpeg)




.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)


.jpeg)
.jpeg)

Ningún comentario:
Publicar un comentario