venres

VISITA DE PROFESORADO BELGA (ERASMUS+)

O pasado 14 de novembro, dentro do programa Erasmus +, recibimos a visita de profesorado procedente de Bélxica. O principal motivo da súa visita foi a observación nas nosas instalacións do traballo da competencia matemática.

Previamente a dita visita, traballamos na aula a búsqueda de información sobre o país visitante, Bélxica a través desta presentación. (clica na palabra Bélxica para ver a presentación).

Durante a xornada de visita cos mestres/ as, realizáronse diferentes actividades no centro:

Primeiro, na nosa biblioteca, co alumnado de quinto e sexto de Educación Primaria, distribuídos en diversos talleres de aprendizaxe e axudándose de material manipulativo; realizaron diferentes actividades competenciais en grupo:

  1. Actividades de lóxico-matemáticas con pentominós
  2. Construción dun castelo con policubos para ver a diferencia entre perímerto, área e volume, atendendo ás tres dimensións.
  3. Actividade de realión entre fracción, decimal e porcentaxe con liñas representadas no chan con cinta adhesiva
  4. Traballo de simetrías con espellos.
  5. Creación de diferentes polígonos co Tangram.

Despois, asistiron á aula de primeiro e segundo de Educación Primaria na que compartiron unha actividade manipulativa de numeración e conteo: "os banqueiros". 

Unha mostra disto,  mostrámosvola a continuación.
 
    
                         










Ningún comentario:

Publicar un comentario