Na aula de 2º de Primaria estiveron traballando coa ciencia. Para ser exactos coa CIENCIA EN GALEGO.
Interesáronse por experimentos que puidesen facer eles e aprender o porqué do seu funcionamento. Tamén de ser quen de expoñelos ante o resto de compañeiros e compañeiras da escola.
E dito e feito.
Primeiro buscaron os experimentos nos libros da bilioteca e na Internet. Despois seleccionaron 8 que probaron na aula. Logo sortearon os experimentos e cada un preparou concienzudamente o seu experimento e a súa explicación...
E por último (polo momento) fixeron 3 pases na biblioteca para amosar aos compañeiros do cole o que aprenderan.
Despois do Nadal seguirán a traballar con eles, xa que elaborarán cadanseu caderniño, onde se recolla toda a información: os materiais necesarios, o procedemento e a explicación. Con todos os caderniños editaremos un pequeno libro para a biblioteca.
Aquí vos deixamos un resumo dos 3 pases.
Disfrutádeo!!!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario