martes
Festival de Nadal 2016
Representación teatral de "A árbore testemuña" a cargo do alumnado de 4º que prepararon coa profe Begoña.
Actuación conxunta de E. Infantil (corpo de baile) e de 2º de E. Primaria (coro de voces) acompañados á guitarra polo profe Fran.
A coreografía é obra da profe de E. Infantil Majo, e a letra unha adaptación dunha versión en castelán que atopamos na rede desta fermosa canción.
Así de ben cantaron, acompañándose de percusión, os de 1º esta panxoliña cunha letra inventada "á medida" sobre unha coñecida melodía popular galega.
Panxoliña interpretada polo alumnado de 4º . Recordando as tradicións de Nadal.
Panxoliña "reivindicativa" interpretada polo alumnado de 3º de E. Primaria, para reclamar a mesma solidariedade cos nenos e nenas do mundo que aquela que ,segundo nos contan as escrituras, ofrecéronlle a Xesús neno.
Interpretación do alumnado de 6º no Festival de Nadal acompañando con percusión corporal a coñecida "Marcha Radetzky" de Johann Strauss (pai),
En 5º namoráronse desta preciosa canción xaponesa e quixeron interpretala neste Festival. Miguel manexa os títeres de pau no teatrillo representando a letra da canción.
E pechando o Festival "Happy Chritsmas" de John Lennon, interpretada polo alumnado de 6º. Prepararon esta actuación co profe Fran e ofrecéronnos un marabilloso Fin de Festa.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario