venres

EXPOSICIÓN DE LIBROS POLO "DÍA DA MULLER TRABALLADORA"

Con motivo desta data que celebramos durante máis dunha semana leváronse a cabo diferentes actividades.
E non podía faltar unha exposicións dalgúns dos títulos cos que conta a biblioteca que traballan este tema dende diferentes aspectos.
O noso interese foi (e é) amosar ao alumnado a necesidade de seguir a conmemorar este día, porque aínda non acadamos a verdadeira igualdade. Porque aínda hoxe as mulleres temos diferentes dereitos e oportunidades polo feito de nacer mulleres. Porque aínda non se derrubaron os estereotipos e vemos que seguen a reproducirse nas novas xeracións, porque aínda é necesario seguir a reclamar.






EXPOSICIÓN DE LIBROS POLO DÍA DA MULLER TRABALLADORA by Slidely Photo Gallery

Ningún comentario:

Publicar un comentario