mércores

13 DE FEBREIRO: ENTROIDO

 A semana do 9 ao 13 de febreiro, celebramos no noso cole a Semana de Entroido, unha semana cargada de diversión e moita ARTE. 

A mascota da biblioteca, Pulpi, comenzaba a semana cos seus mandados para convertirnos desde uns grandes artistas ata en obras de arte con moita cor e creatividade. 

Podedes velos a continuación:

MANDADOS ENTROIDO

Pasámolo en grande durante toda a semana, pero o venres 13 de febreiro, esperábamos con moitas ganas e ilusión o noso Festival, xa que nos convertiriamos por un día en Obras de Arte e actuaríamos para as nosas familias.
O alumnado de EI desfilou coma obras de Joan Miró, os nenos e nenas de 1⁰ ciclo coma cadros de Henri Matisse, o alumnado de 2⁰ ciclo coma obras de Vasili Kandishki e os alumnos /as de 5⁰ e 6⁰ coma pinturas de Pablo Picasso.

Na seguinte presentación podedes ver todo o que fixemos durante a semana e o ben que o pasamos!
 
Semana de entroido

Ningún comentario:

Publicar un comentario