A semana do 15 ao 21 de Marzo, a profe Thais, participou nunha mobilidade Erasmus dentro da acreditación 2024, a Udine, Italia, na que, xunto con outros 7 compañeir@s, doutros centros da contorna, tivo a oportunidade de participar nun curso de Convivencia, Benestar e Achegamento holístico á Aprendizaxe Interxeracional.
Durante cinco días afondáronse en cuestións como a creación de ambientes de aprendizaxe inclusiva e participaron en obradoiros orientados a estimulación da curiosidade e da creatividade e do benestar físico e mental.
Ademais, participamos no Encontro Internacional Erasmus+ en Ferrol onde tivemos a oportunidade de mostrar todo o acontecido nesa semana.
Unha mostra de todo isto é a seguinte presentación:
Ningún comentario:
Publicar un comentario