Nesta data, donde seguimos a revindicar que segue existindo unha situación de desigualdade de xénero, quixemos traballar, concienciando ao noso alumnado a través de varias actividades.
Durante toda a semana as cancións de Pauliña, serviron como fío para tratar este tema e darlle visibilidade, o que rematou cunha xornada de celebración e cooperación no CEIP Plurilingüe Unión Mugardesa, donde esta autora cantou para toda a comunidade educativa.
Alí en varias sesións todos os nenos e nenas, mesturados nos ciclos, gozamos da música e do baile.
Asimesmo, fixéronse actividades diversas, xogos, un programa de radio e unha merenda conxunta.
Rematamos cun manifesto lido por varias alumnas de 6º de E.P donde se deixou notar que tod@s estamos a loitar polo mesmo.
Xa no noso centro, despois de facer certos traballos en educación artística, elaboramos esta foto "collage" para apoiar a causa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario