luns

DÍA DE ROSALIA DE CASTRO

Sabíades que é posible que Rosalía de Castro estivera na festa do Seixo?

A Asociación Cultural Apelón Educación recolle na súa web unha actividade titulada, "Rosalía na beira do mar", a cal consiste nun roteiro polo Seixo, baseado no poema da poetisa "Si vernos, Marica..."

Como homenaxe a escritora, polo día de Rosalía de Castro, o noso centro tivo o pracer de realizar dito roteiro, seguindo os pasos da escritora na súa visita ao Seixo . Acompañáronnos varios membros da Asociación Apelón Educación e un pequeno grupo de gaiteiros/as.

Un resumo do ben que o pasamos está recollido na seguinte presentación.

ROSALíA NA BEIRA DO MAR de Thais Amenedo

Animámosvos a que visitedes a web da Asociación Apelón para saber máis sobre a visita de Rosalía no Seixo

Ningún comentario:

Publicar un comentario