sábado

PARA BEN LAVAR AS MANS

 O prometido é débeda!

Aquí tedes a peli tan cacareada ao longo de todo este curso e para a que tanto traballamos.

Grazas a todos e a todas (alumnado, profesorado, familias...) pola vosa implicación.

Agardo que vos guste tanto como a nós!



ESPAZO MAKER CON "ESPACIO VIVO"

 Un ano máis, grazas ao Proxecto Biblioteca Creativas, ao cal pertencemos, puidemos disfrutar destes obradoiros, diferenciados por idades e rotando entre todas as propostas. Tróuxonolas a empresa "Espacio Vivo", con moita experiencia na organización deste tipo de eventos (e doutros) e que sempre está á última nas novidades tecnolóxicas.

Torno, carpinteiría en cartón, construccións, robótica, mecanismos, drones, coches, gafas virtuais...

Pasámolo xenial e aprendimos un montón.

Foi un día xenial!


venres

ENTREGA DE AGASALLOS POR PARTICIPAR NA ACTIVIDADE "UN CONTO NUN FRASCO"

 Dende o Día do Libro Infantil e Xuvenil andan os frascos polo cole. Nunha exposición permanente, debidamente numerados para poder realizar axeitadamente a actividade "Cantos contos acertarás?".

Ademais deu pé a que o alumnado que non coñecía determinados contos clásicos os ceñecese contados polo profesorado nas súas aulas.

Chegou a hora de que cadaquén levase o seu frasco para casa e pensamos que llelo debiamos agradecer cun pequeno agasallo.

Para isto deseñamos unha "chapiña" de Pulpi, imprimimos na impresora 3D as necesarias e entregámosllela dentro dunha bolsiña ben bonita e da cor de Pulpi.


xoves

TENIS

 O pasado mércores participamos nunha actividade deportiva no Club de Tenis de Redes á que asistiu o alumnado dende 1º ata 6º de Primaria.

Foi unha mágoa que o tempo non acompañase porque senón tamén iría o alumnado de E. Infantil.

Grazas que alí contan con dúas pistas cubertas e así poidemos disfrutar do xogo e o deporte.

Esperábannos varios monitores que se fixeron cargo de organizar quendas, prestar raquetas e pelotas e poñer a xogar a todas e todos.

TEnis e brilé, cunha paradiña para tomar a merenda.

Foi un día xenial e estamos moi agradecid@s desta invitación.

Clicade na foto para acceder a todas



AS NOSAS RECOMENDACIÓNS LECTORAS, XOGUETONAS, CANTARINAS E BAILONAS PARA O VERÁN

 Aínda que todos os días son bos para disfrutar dun libro, dun xogo ou da música, fixemos esta selección para que as vacacións de verán sexan aínda mellores e porque seguro que tedes moito máis tempo para disfrutar deles.

Trátase dunha selección pensada especialmente para vós, as nenas e os nenos do cole. Porque vos coñecemos e porque coñecemos o que recomendamos.

De seguro que non vos ides arrepentir de ter na casa os materiais que vos suxerimos, estamos segur@s de que os utilizaredes unha e outra vez durante moito, moito tempo.



mércores

FACEMOS CINE DE ANIMACIÓN

 En 3º e 4º, que foron @s cámaras da nosa peli "Para ben lavar as mans", traballaron tamén co cine de animación utilizando a tablet cunha app de "Stop Motion".

Para a primeira experiencia deseñamos un decorado de fondo con cartolinas, un caracol como personaxe principal e recortamos unhas nubes que tamén se moverían na escena.

Colocamos o set de gravación poñendo a tablet sobre un andel entre dúas mesas e a escena no chan e empezamos a traballar.

Pouco a pouco fomos observando os diferentes resultados segundo o movemento dos obxectos e buscando as opcións máis correctas.

Despois dunha breve gravación puxémonos a deseñar novos proxectos, pero esta vez para gravar en vertical e con volume.

Daba gusto ver traballar a estas rapazas e rapaces.


martes

LUÍS, SAMIRA E AINHOA FIXERON UN CONTO

 Igual que fixeron Luna, Chloe e Emma o outro día, Luís, Samira e Ainhoa escribiron un conto.

Pero eles non o fixeron na escola e, como tampouco podían xuntarse nas súas casas, fixérono por teléfono. 

Así Luís comezou o conto e envioulle o principio a Samira, que seguiu o relato e por último recibiuno Ainhoa que o rematou.

E como fixeran un bo traballo, e de xeito totalmente voluntario, léronolo na biblio.

PARABÉNS !


domingo

CANTOS CONTOS ACERTAMOS

 En 3º e 4º tamén xogamos a acertar os contos dos frascos.

En parellas puxéronse a mirar, pensar e anotar. Cando todas e todos remataron intercambiaron as súas listaxes e comprobaron cantas respostas tiñan correctas.

As gañadoras indiscutibles foron Ángela e Noa que con 19 puntos sobre 28 sacáronlle 5 puntos de vantaxe aos segundos clasificados.

Pero o máis importante non foi gañar, senón pasalo ben, traballar en equipo e pensar nos contos que tod@s coñecemos como unha riqueza cultural que nos é propia.



sábado

MÁQUINAS DIMPLES E ELECTRICIDADE

 En 3º e 4º dedicamos dúas sesións a xogar e aprender (traballar sen darnos conta) sobre as máquinas simples (que está no temario de Ciencias de 3º) e a electricidade utilizando materiaias da biblioteca.

Trátase de dous xogos moi ben deseñados, cunhas instruccións moi clariñas, coas que aprender conceptos básicos sobre os circuitos eléctricos (que se van complicando a medida que avanzamos no caderniño do xogo) e sobre as pancas, os planos inclinados, as poleas...

Así de ben o pasamos aprendendo e xogando en grupo.



mércores

ASÍ SE FIXO A NOSA PELI

 Xa sabedes que un dos produtos finais do noso Proxecto Anual de Centro "Coidadiño: xente medrando!", que tratou sobre os hábitos saudables,  foi facer unha película coa colaboración de toda a comunidade educativa.

Esollimos a canción "Para ben lavar as mans" que Carmen sanmartín compuxo para as nenas e os nenos do cole cando nos incorporamos á escola tras a pandemia Covid. a letra explica que xestos hai que facer nun lavado de mans correcto e dura o tempo necesario para facer un bo lavado. Así que se alguén lava as mans cantando a canción seguro que o fai ben!.

Decidimos que o alumndo de E. Infantil e o de 1º e 2º serían as actrices e actores da peli. O alumnado de 3º e 4º cámaras e o alumnado de 5º e 6º montadores e montadoras de vídeo.

Iniciamos o traballo aprendendo aspectos fundamentais sobre o encuadre e os planos no cine, que son os mesmos que no cómic, así como sobre o guión gráfico. Deste traballo encargáronse en 3º e 4º e de transmitirllo ao resto de compañeiros e compañeiras do cole, mediante unha presentación.


SE CLICADES NA IMAXE VEREDES A ENTRADA DO BLOG ONDE SE RECOLLE O VÍDEO DA PRESENTACIÓN E OS DOCUMENTOS ELABORADOS


Tamén aprenderon a utilizar a cámara de vídeo.


SE CLICADES NA IMAXE ACCEDEREDES Á ENTRADA DO BLOG ONDE  O CONTAMOS


A banda sonora da película sería a canción interpretada por toda a comunidade educativa. Para iso, ademais de aprendela e practicala nas clases de música, proporcionouse un enlace ao blog onde estaba a música e a letra, e así poder practicala nas casas. Tamén se enviou unha nota as familias convidándoas a colaborar con nós.


Así que chegou o día de empezar a gravación, despois de ter repartido o traballo entre o alumnado.

E así foi.



Por último, e para dar tempo ás familias para aprender ben a canción, gravamos a banda sonora.
Primeiro ensaiamos nós:


E ao día seguinte gravamos con elas!


E por último pasámoslles os vídeos e o son (banda sonora) ao alumnado de 5º e 6º que se puxo mans á obra nisto da montaxe de vídeos, dirixidos polo profe Pablo.
Pasárono en grande e fixérono moi ben!







E o resultado final volo poñeremos noutra entrada parael soíño.
Xa veredes!



venres

O CONTO DE CHLOE, EMMA E LUNA

 Estas tres nenas de 1º (Chloe e Emma) e 2º (Luna) inventaron un conto que escribiron e debuxaron entre as tres.

Trátase dun conto despregable, deses que cando o abres os seus debuxos teñen unha continuidade de páxina en páxina. Puxeron o texto por detrás e quedaron tan satisfeitas do resultado que pediron poder lelo na biblio.

Cando lles preguntamos a quen llo querían contar dixeron que a TODOS!. Así que nos reunimos na biblio para disfrutar deste máxico momento. Todo un luxo, a verdade.

PARABÉNS CHICAS! SEGUIDE ASÍ!

ESPERAMOS OUTROS MOITOS!


xoves

EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO A ALDEA NOVA

 Marchamos de excursión, todo o cole, a "Aldea Nova" no concello de Narón, para disfrutar dunha xornada chea de xogos, obradoiros e convivencia.

Pasámolo en grande. Plantamos sementes, xogamos a xogos populares, construímos uns pequenos instrumentos musicais de cartón, aprendimos a menxar unha mesa de DJ, xogamos a ra....

E os momentos de comer son importantísimos para todas as nenas e todos os nenos!. Sempre están a preguntar canto tempo falta para facelo! Porque ademais de disfrutar das exquisiteces das mochilas falamos, xogamos, compartimos estes momentos cos compañeiros e compañeiras.

E tamén houbo tempo de xogo libre, para o que nos deixaron material.


martes

XOGANDO COA HABITACIÓN DE AMES

 Como esta maqueta nos gusta tanto, decidimos que o alumnado de 3º e 4º, @s nos@s expert@s en vídeo, gravasen unhas escenas que idearon en pequenos grupos.

Como todo traballo foron necesarios varios intentos para que todo saíse ben, aprendendo dos erros cometidos. O segundo dos grupos xa non tivo os mesmos problemas xa que fora expectador do primeiro.

Así de ben o pasamos!



KAHOOT ELABORADO POLO ALUMNADO

 O alumnado de 6º creou este Kahoot xunto ao profe Pablo.

Para iso deberon propoñer preguntas axeitadas, varias respostas a cada unha delas (con só unha verdadeira, evidentemente) e decidir canto tempo permitían a cada pregunta.

Unha idea xenial xa que a implicación do alumnado foi total e ser quen de propoñer preguntas fundamentais do tema a traballar (neste caso a reprodución) implica ter un "esquema mental"do tema moi elaborado.

Bravo chic@s!!!



domingo

LECTURAS COMPARTIDAS DO TERCEIRO TRIMESTRE

 Xa sabedes desta actividade que realizamos durante a "Hora de ler" os martes e venres de cada semana.

Tróuxonos momentos moi especiais durante todo o curso.

Aquí tedes as do terceiro trimestre do curso coa participación estelar das nenas e nenos de 1º uqe se atreveron a ler diante dos maiores.

Parabéns a tod@s!

EXPERIMENTAMOS COS SENTIDOS. A HABITACIÓN DE AMES

Ao longo do curso tanto a Biblioteca Escolar, como Polos Creativos e coa colaboración do EDL do cole traballamos con experimentación científica en base ao sentido da vista, de acordo co proxecto anual "COIDADIÑO: XENTE MEDRANDO" e para comprender que ás veces este sentido (e outros) "nos engana".
Decidimos traballar coa Habitación de Ames, porque se trata de una manera "simple" e divertida de traballar un montón de competencias á vez:
Competencia matemática: geometría, espacio, dúas e tres dimensións, vocabulario matemático...
Coñecemento do mundo físico, punto de observación dunha situación real.
Aprender a aprender, desenvolve o sentido crítico xa que se ensina a importancia de obxervar as cousas desde diferentes perspectivas.
Desenvolvemento da expresión oral para explicar que se percibe e que é o que sorprende...

A partir dunha plantilla atopada na rede, e ampliándoa, fixemos a nosa propia, o máis grande que puidemos, porque sabiamos que canto máis grande maior é o efecto a observar. Tamén deseñamos os noso bonecos de acordo co tamaño da maqueta da habitación.


Pulpi non nos podía faltar!

Deseñamos unha instruccións para a experimentación nas aulas:


E un folleto con informacións e explicacións axeitadas ao noso alumnado:



A actividade foi moi gratificante para alumnado e profesorado que disfrutaron unha e outra vez das posibilidades que esta maqueta oferce.

Aquí tedes un vídeo que recolle estes máxicos momentos.


sábado

XORNADA DE SURF. DEPORTE ESCOLAR

 E despois do remo, dentro dos deportes de auga, tocoulle o turno ao Surf.

O alumnado de 5º e 6º disfrutaron dunha xornada practicando este deporte na praia de "A Fragata" de Ferrol.

Como podedes ver no video que adxuntamos disfrutaron moito.



REMANDO EN MUGARDOS

 Como actividade dentro do programa de deporte en idade escolar XOGADE o noso alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º tiveron unha xornada de práctica de remo no concello.

Xa hai uns días tiveran unha competición de remo "en terra" (en maquina) da que saíron moi content@s  e con algún que outra medalla e trofeo.

Agora tocaba o turno de demostrar as mesmas habilidades pero no seu medio natural.

Aquí podédel@s ver!



RETOS NO TABOLEIRO

 Ao longo do curso foron aparecendo no taboleiro da entrada diferentes retos a resolver polo alumnado dos diferentes cursos e todos en relacción co Proxecto Anual de Centro "COIDADIÑO: XENTE MEDRANDO!".

Esta actividade busca sempre que o alumnado poña en xogo diferentes habilidades ao longo do tempo e que afunde máis nos coñecementos necesarios para adquirir uns hábitos de vida saudables. Ademais favorece o traballo en equipo ou pequenos agrupamentos de maneira que ten unha grande dimensión inclusiva.


Aquí deixamos todos os retos do curso por se queredes volvelos a realizar en familia!


MAQUINAS SIMPLES CON MATERIAL DE REFUGALLO.

 Un dos hábitos saudables que quixemos traballar neste curso (dentro do Proxecto Anual "Coidadiño: xente medrando") foi o de "Coidamos a nosa contorna".Asociado á materia de Ciencias Naturais, en 3º traballaron o tema de máquinas simples por medio de pequenos proxectos, onde debían fabricar cadanseu "artiluxio" con materiais de reciclaxe. 

Ademais deberían ser quen de expoñer o seu traballo ante os seus compañeiros.

Unha maneira moi completa de traballar e unha forma moi eficaz de aprender.

Buscaron información e ideas tanto na biblioteca escolar como na internet e este foi o resultado: