Nunha nova edición de "PAIS E NAIS QUE CONTAN", tivemos a sorte de que nos visitase Carla Iglesias, nai de Leo, que nos traía un conto moi especial.
"Yo mando en mí" , de Excellence Editorial, escrito e ilustrado por dúas irmás: Sophía Almagro (actriz, imitadora, cantante e escritora) e Irene Loal (ilustradora) conta a historia de Mila, unha nena moi creativa, curiosa, inqueda e chea de enerxía que ama facer todo Á SÚA MANEIRA. Pero esa maneira non parece gustarlles aos adultos que a rodean.
¿Debería ser como os demais queren que sexa ou como ela elixe ser?
Esta pregunta levaraa a vivir unha aventura moi especial…
Como Carla as coñece, contoulles que nos ía ler o seu conto e elas enviáronlle un vídeo adicado ás nenas e nenos da clase de Leo. Vaia luxo!!
Tamén nós fixémoslle o agasallo de enviar un noso.
Outra vez a profe Bego tráenos unha proposta para aprender sobre un espazo natural moi coñecido da nosa provincia, que coma no anterior promove unha aprendizaxe utilizando a búsqueda de información e novas tarefas.
A profe Bego elaborou este Genially para aprender e traballar sobre un espazo natural próximo ao centro. Outra maneira máis de apender "xogando" e que promove a búsqueda de información por parte do alumnado para ser quen de resolvelo.
Tamén propón outras tarefas (xa fóra da plataforma) para completar a aprendizaxe.
Como os xogos de cartas que elaboramos polo Día de Rosalía e polo Día da Poesía teñen moito éxito, ocurríusenos facer outras polo Día das Letras Galegas.
Pero nesta ocasión en lugar de facer unha escolma poética, decidimos que fose o alumnado quen trouxese refráns galegos da casa e con eles elaborar a nova baralla.
Aínda está no forno, pero aquí podedes ver como vai quedar.
O profesorado do centro tamén estudia e aprende cousas novas que leva á aula da mellor das formas posibles e cando así lle parece axeitado.
Kahoot é un servizo web que permite crear xogos de preguntas (normalmente tipo tests) ao que a través dun código que se introduce na tablet únense os xogadores convocados.Deben ir respondendo ás preguntas dentro do tempo estipulado e o resultado do "concurso" aparece nun gráfico de barras coa puntuación de cada quen.
É moi ameno, rápido e divertido e moi eficaz para comprobar o grado de adquisición de conceptos dun tema.
Ao longo deste curso elaboráronse diferentes Kahoots para repasar e/ou avaliar diferentes temas traballados nas aulas.
Se clicades nas imaxes iredes ao Kahoot correspondente.
A nai de Daniela e de Valeria, Alejandra, tamén se animou a isto de vir á escola para contarnos un conto.
Ela preferiu contarllo ao alumnado das clases das súas fillas e que a biblioteca propuxese o conto.
Suxerímoslle "Así es mi corazón" escrito por Jo Witek e ilustrado por Christine Roussey que explica counha linguaxe sinxela e apoiado polas magníficas ilustración moitos dos sentimentos que nos afectan a cotío.
Alejandra asegurou que foi Valeria a que lle insitiu moito para que viñese a contar un conto, e a experiencia debeu ser gratificante, xa que cando marchou dixo que podiamos contar con ela cando queixéramos.
A nosa ANPA, xunto con outras do concello e con diferentes entidades de Mugardos organizou esta actividade que tanto nos gustou.
Concienciar ao alumnado, profesorado e familias do grave problema medioambiental que supoñe a contaminación dos mares, ofertar actividades coas que poidamos contribuír a diminuíla e amosar outras iniciativas para limpar os océanos tanto na superficie como nos fondos mariños considerámolo fundamental e moi a propósito do noso Proxecto anual "COIDADIÑO: XENTE MEDRANDO".
Na páxina web do Club do Mar de Mugardos tedes máis información e enlaces ás diferentes entidades organizadoras e colaboradoras.
No cole recibimos a visita dun biólogo que traballa en ARDENTIA, que coñece ben os problemas derivados deste tipo de contaminación, e así llelo explicou ao alumnado. Tamén lles explicou cales son os traballos que a empresa realiza no mar, apoiándose dunha serie de vídeos e diapositivas que tiña preparadas.
O día 24 de maio foi a cita. Un autobús levounos ata o peirao de Mugardos onde a organización repartiu luvas axeitadas para a recollida de residuos. Alí deixamos as mochilas e camiñamos ata a praia da Bestarruza que sería a zono onde traballamos.
O alumnado viña preparado con calzado axeitado e cubos para a recollida do lixo. Traballamos duro e sorprendímonos da diversidade de lixo plástico que atopamos, se ben é certo que pensamos que habería máis.
Co traballo feito cambiámonos de calzado e volvimos ao peirao, onde a organización repartía froita e auga para a merenda. Despois do descanso e de repoñer forzas, voltamos ao cole no autobús proporcionado pola organización.
Unha moi boa xornada, na que ademais nos acompañou o bo tempo, na que colaboramos a coidar os nosos hábitats mariños e intermareais.
Un curso máis puxemos a andar esta actividade que tanto nos gusta.
Enviamos unha circular ás familias animándoas a vir ao cole para contar un conto.
Podían escoller día, conto (ou se querían algunha recomendación da biblioteca) e cómo e a quen contalo.
A verdade é que non tivemos moitas ofertas porque o horario escolar non facilita que nos visiten pais e nais que traballan, por iso agradecemos moitísimo a todas aquelas nais (porque son todas nais) e a unha tía que se animasen a participar nesta actividade.
A primeira foi a nai de Luís, que se atreveu a contar un conto a todo o cole.
O libro escollido foi "Daniela Pirata" , un conto do que Luís namorou cando o contamos na escola e pediuno na casa ata que llo mercaron. Foi escrito por SUSANNA ISERN e ilustrado por GÓMEZ .
Os piratas do Caimán Negro non queren nenas no seu barco... Que pasará cando chegue Daniela?
Foron varias as activdades que levamos a cabo polo Día das Letras Galegas 2024.
Nas aulas traballaron con diversos materiais proporcionados polo Seminario Galán e por Primavera das letras . Textos, xogos, actividades en papel... serviron de canle para traballar co alumnado tanto a figura da homenaxeada deste ano, Luísa Villalta, como a importancia desta data para a nosa lingua.
Tamén se realizaron xogos de pistas a partir dos carteis das letras que envía aos centros a Consellería e que permanecen enmarcados nos corredores.
Para o xoves día 16 preparamos unha ximcana de 5 actividades diferentes e rotatorias a realizar en grupos mixtos (combinando alumnado de todas as aulas).
As 5 estacións foron:
- Obradoiro de arte. Debuxar e pintar a Luísa Villalta, con deiferentes modelos e técnicas segundo a idade do alumnado.
- Elaborar conxuntamente o cartafol despregable que oferce o Seminario Galán nos seus recursos en papel, repartindo tarefas acordes á idade de cada nena e neno de cada grupo (colorear, recortar, pegar..).
-Xogo de descifrar mensaxes segredos usando o "Cambialetras" de elaboración propia segundo a clave dada e para os máis pequenos outros máis sinxelos do Seminario Galán.
- Xogo de memoria, con cartas editadas por nós para tal ocasión, con apoio de cores para que poidan xogar os que aíndo non len.
Xogo de rasca e gaña, que resolverían despois de ter escoitado o vídeo sobre a súa biografía do CEIP. Chans de Bembrive .
Aquí tedes os recursos que utilizamos:
VÍDEO SOBRE A BIOGRAFÍA
FICHAS DAS PROPOSTAS DO SEMINARIO GALÁN PARA @S MÁIS PEQUEN@S NA ACTIVIDADE DE DESCIFRAR MENSAXES SEGREDOS.
Durante os recreos as nenas e nenos do cole poden ir á biblioteca libremente.
Hay servizo de préstamos e devolucións a cargo do alumnado de 5º e 6º e poden usar os fondos e os materiais que lles apeteza (cumprindo as normas, evidentemente).
E así suceden cousas marabillosas. Momentos de compartir xogos, retos, creacións, lecturas.... Momentos de estreitar lazos de amizade. Momentos de paz, tranquilidade, risa, entusiasmo, descubrimento...E todo iso grazas á biblio, espazo especial e seña de identidade do cole.
Uxía (exalumna do centro) e María visitáronnos para concienciar ao alumnado sobre a importancia de coidar axeitadamente as nosas mascotas e manter limpos os entornos nos que interaccionan.
Na charla descubrimos que o noso alumnado posúe un elevado número de mascotas diferentes. Estaban encantad@s contándolle ás monitoras da charla cantas mascotas tiñan e cales eran.
Case tod@s tiñan can, e tamén descubrimos que xa estaban moi ben instruíd@s sobre o procedemento da recollida das súas cacas e aseguraron que así o facían.
Tamén coñecían a necesidades que sobre pasreos requerían aqueles cans que non poden disfrutar de finca onde correr e xogar ao seu antoxo.
Por último repartiron uns folletos e uns carteis que elas mesmas deseñaron e despedíronse do alumnado e de maneira especial de aqueles que xa coñecían (ambalasdúas son do Concello).
Esta é unha festa grande no noso cole dende hai anos, e este curso tivemos a grande sorte de que o tempo nos acompañase o puidémola celebrar na Regueira, onde resulta moito mellor.
Previamente á celebración preparámola como é debido.
Cada clase escribiu as súas Coplas dos Maios seguindo a tradición de Outrense, ás que nós lle intercalamos un pequeno retrouso que nos permite enlazar mellor unhas con outras. Tamén ensaiamos a súa interpretación.
Traballaron asimesmo sobre a orixe e significado desta festa, así como as súas tradicións e a súa historia.
Nas clases de música cada clase preparou a súa intervención na danza colectiva, elaborando a súa coreografía utilizando paus, arcos ou cintas. A música escollida foi (como en anos anteriores) a Muiñeira de Chantada, porque para nós é a mais bonita de todas as que coñecemos.
Así que como vedes detrás da festa hai moito traballo previo.
Temos a sorte de poder contar coa Asociación Cultural Apelón do concello de Mugardos que elabora os maios para adornar, aporta parte da merenda e tráenos ao Grupo de gaitas Trouleada que ameniza o percorrido, o traballo e fai posible que bailemos con música en directo.
Na entrada do cole, e nas casas das nenas e nenos, hai unha fotos moi, moi, moi especiais, que mesmo parecen "maxia".
Nelas vense a nenas e nenos moi pequeniños subidos ás estanterías da biblio ao lado dos libros que sobre O Quixote tratan e xunto aos personaxes e escenas da obra de Cervantes recortados en cartolina.
as fotos que puxemos son de tamaños moi diferentes e mesmo hai unha tamaño mural.
Melissa recoméndanos este libro tan coñecido por todas e todos os pequenos do cole. A que sí?
A bruxa regañadentes, é un álbum ilustrado da editorial OQO escrito por Tina Meroto e ilustrado por Maurizio Quarello que fai as ledicias d@s máis pequen@s e d@s non tan pequen@s.
Tres irmáns, desatendendo as advertencias da nai, intérnanse nun bosque escuro e misterioso, onde calquera cousa pode suceder....
Ademais neste conto o heroe é o máis pequeno dos tres irmáns, cousa que nos soe gustar moito!