Con motivo do 8 de marzo, Día da muller, realizamos esta bonita actividade que vos deixamos aquí.
xoves
sábado
DETECTIVES GAÑADORES
Entrega de premios para os membros do equipo gañador da actividade "As mulleres do noso cole".
venres
ALGUNHAS HISTORIAS DAS MULLERES QUE NOS CONSTRÚEN
Seleccionamos algúns dos textos do precioso mural que fixemos.
Hai moitos máis, pero aquí non cabían todos.
Fermosas palabras as de todo o alumnado falándonos de grandes mulleres.
xoves
AS MULLERES QUE NOS CONSTRÚEN
Non podiamos negarnos a este obradoiro proposto polo concello de Mugardos con TARABELA CREATIVA chamado "As mulleres que nos constrúen".
Xa polo Nadal levamos a casa uns cuestionarios (adaptados ás diferentes idades do alumnado) que debiamos entregar á volta das vacacións xunto cunha foto da muller das nosas vidas que escolleramos.
No obradoiro démoslle forma de producto final individual e con todas as aportacions elaboramos un mural ben fermoso que completamos e decoramos para lucir no corredor da planta baixa.
Tarabela creativa, na súa conta de Twitter, recolleu a actividade, que tamén desenvolveron co CEIP. Unión Mugardesa e con mulleres da vila.
Se clicades na imaxe accederedes ao vídeo
E nas seguintes imaxes podedes ver todo o proceso no cole.
Dándolle forma ao noso traballo:
Noutra sesión dándolle forma ao mural:
Así quedou nun primeiro momento, pero aínda o perfeccionamos máis!
E así luce no corredor:
mércores
PARA BEN SEMENTAR HAI QUE SE DOCUMENTAR
Para sementar de novo o horto escolar en 4º, 5º e 6º de primaria fixeron unha investigación a través dos fondos da biblioteca e a través de búsquedas guiadas de internet.
Xa temos todo planificado.
Mirade que ben traballaron.
MULLERES DO NOSO COLE
domingo
SAÍMOS AO TEATRO
O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de E. Primaria asistimos á representación da obra "Cíclope" a cargo da compañía Zarándula S.C. no auditorio de Afundación de Ferrol.
Unha obra sobre Educación financieira, na que tres compañeiros de instituto buscan a maneira de financiarse para realizar unha viaxe de fin de curso soñada. As súas decisións os levarán por un camiño non sempre axeitado provocando situacións complicadas. Ademais a obra reflicte a situación económica da maioría das familias do noso país, coas dificultades engadidas de ERTES, desempleo....
OBRADOIRO PILABOT
Como xa anunciamos alá por xaneiro, esta semana tivemos no cole o obradoiro sobre economía circular e reciclaxe, especialmente das pilas e baterías.
A primeira parte do obradoiro consisitiu nunha charla informativa sobre o tema, acompañada dunha presentación, na que o alumnado amosou moito interese.
O broche final da actividade foi a realización dun Kahoot sobre o tema realizado polo alumnado organizado en pequenos equipos.
A biblioteca "fervía" de actividade!
Se queredes recordar parte da charla que recibimos clicade na foto
Mirade que ben o pasamos!
xoves
TEATRO TAMÉN EN INGLÉS
O pasado 27 de febreiro o alumnado de 5º e 6º de primaria acudiu ao salón de actos de Afundación de Ferrol para asistir á representación teatral "What Monster?" a cargo da compañía On Stage.
Trátase dun espectáculo interactivo no que se contaba coa colaboración voluntaria das nenas e nenos do público que pasaban a participar na obra e interpretar os seus papeis, unha das ferramentas máis potentes para a aprendizaxe do inglés.
Esta peza teatral narra o que podería sudecer se un monstro nos axudase a enfrentarnos a aquelo que nos asusta, pero existe un problema: a lei dos monstros é clara, ¡toda axuda ten un prezo! ¿Quereriamos pagalo?