Como en anos anteriores para o primeiro día de clase preparamos unhas actividades especiais e divertidas e que ademais presenten o pequeno proxecto do ano.
Como seguimos mantendo os grupos burbulla por mor da pandemia da Covid as actividades foron realizadas nos diferentes cursos en lugar de facer equipos mixtos como noutras ocasións.
O equipo de Dinamización da Lingua Galega propuxo as diferentes actividades e o "protocolo" a seguir:
Así que cada aula púxose mans á obra. Nalgúns cursos para obter unha pista que lles axudase a resolver deberían pasar unhas probas coma inventar e interpretar en grupo unha pequena coreografia.
O resultado final foron catro carteis con normas de coidado Covid a través de cadros de pintores e pintoras galeg@s así como o lema do proxecto do ano.
Aquí tedes un resumo da xornada.
E O LEMA DO PROXECTO!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario