martes

DESIGUALDADE SALARIAL. EXPERIMENTO COPIADO

O curso pasado chegou a nós este vídeo do Grupo Financieiro Noruego Finas Forbundet, creado pola axencia Morgernstern e a productora Willynikkers, no que se amosan que a diferencia salarial entre homes e mulleres é inaceptable aos ollos d@s nen@s.


Gustounos moito e este ano "copiamos" a idea e realizamos o experimento "á nosa maneira".
No vídeo Noruego, aparentemente, tanto os nenos coma as nenas recollen indistintamente pelotas rosas e azuis, e amosan un traballo en equipo fluído e instantáneo.

No noso cole non foi exactamente así.


  • Grabamos a unha parella de cada aula, escollidos por sorteo.
  • Tiñan que recoller paquetes de agasallo azuis e rosas (que estaban baleiros) en dúas caixas  separándoos por cores.
  •  Propoñíaselles o traballo como un traballo en parella.
  • Logo, ao igual que no vídeo orixinal pedíamoslles que pecharan os ollos para recibir o agasallo que lles correspondía polo seu traballo.
  • O noso agasallo non eran chuches. Escollimos paquetes de bolígrafos de purpurina de diferente tamaño e diferente cantidade.
  • Despois de gravar o vídeo explicábamoslles que baixo ningún concepto no cole  iamos "pagar" menos ás nenas polo feito de ser nenas, que se trataba dun pequeno experimento e que o agasallo eran as dúas caixas para compartir cos compañeiros e compañeiras da súa aula que non foran escollidos no sorteo.


Estes foron os resultados.

EN EDUCACIÓN INFANTIL





EN 1º DE E. PRIMARIA:




EN 2º DE E. PRIMARIA:




EN 3º DE E. PRIMARIA.




EN 4º DE E. PRIMARIA:



EN 5º:




E EN 6º:




Grazas a tod@s @s participantespola vosa espontaneidade!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario