sábado

A NOSA FAMILIA CONTA MOITO!!!

Un ano máis propuxemos ás familias das nosas nenas e nenos vir á escola para lernos un conto.
Foi durante o mes de abril  (mes dos libros) e primeiros de maio que tivemos a grande sorte de contar con estes marabillosos voluntarios que aceptaron a nosa proposta.

Sabemos que moitos outros familiares non se "apuntaron" nesta actividade por problemas de traballo. Outros simplemente non se atreven porque a verdade é que @s nen@s constitúen un público moi esixente... pero tamén tremendamente agradecido, así que xa sabedes, para a próxima apuntádevos!!!

A verdade é que o que probou... repite!!! Porque é unha experiencia moi gratificante, onde se crea un nexo especial entre o adulto contador e o seu público.

Todos e todas estamos enormemente agradecidos a estes familiares que se achegaron á biblioteca como contadores e que nos fixeron disfrutar de momentos inesquecibles.

MOITAS GRAZAS UNHA VEZ MÁIS.


Imos abrir unha xanela para que poidades ver, por medio de fotografías, instantes de cada sesión. Deixámolas aquí sen seguir a orde cronolóxica na que viñeron ao cole e sen querer dar máis importancia a ningún dos familiares que nos visitaron.



PATRICIA NAI DE CANDELA by Slidely Slideshow



SANDRA, NAI QUE CONTA. by Slidely Slideshow



GEMMA, NAI QUE CONTA by Slidely Slideshow



FRANCISCO, AVÓ DE MIGUEL LE UN CONTO by Slidely Slideshow



ALICIA LENDO CONTOS NA BIBLIO by Slidely Slideshow



MANUEL, PAI DE SARELA, LENDO NA BIBLIOTECA by Slidely Slideshow

Ningún comentario:

Publicar un comentario