Un ano máis colaboramos coa ONG SAVE THE CHILDREN, coa celebración dunha carreira solidaria.
Por cada volta á pista, (correndo, se entende) os padriños do alumnado (que buscaron entre a familia e os amigos) comprométense a aportar unha cantidade determinada.
Cada neno e nena do cole corre as voltas das que é capaz. Tamén Alberto, o conserxe. O profesorado contabiliza as voltas de cada participante e anótanse na súa ficha.
Os cartos recollidos envíanse a esta ONG.
É fermoso ver a todos e todas esforzarse en aguantar correndo para así poder axudar máis. e eu creo que os cartos recadados son unha axuda moi importante para quen máis o precisa, pero tamén creo que este xesto de solidariedade é un fermoso agasallo que os nenos e nenas do cole fan á humanidade.
Grazas unha vez máis!!
(Se clicades na presentación veredes as fotos en grande e podedes descargalas).
Ningún comentario:
Publicar un comentario