Sabiamos que Faia, alumna de 6º de E. Infantil tiña moitas gañas de contar un conto a todos os compañeiros e compañeiras do cole, igual que fixera Candela, a súa compañeira,aló polo 9 de xaneiro. Así que non o dubidamos.
Preguntámoslle o martes, e ela aceptou. Escolleu un conto e levouno a casa para preparalo.
O mércores pola mañá Faia apareceu no cole cargada cuns monicreques (que fixera a súa nai baseándose nas ilustracións do conto) e cunha moi boa preparación.
Escolléronse unhas compañeiras para acompañar a Faia e suxeitar os monicreques durante a narración (Candela, Mara e Paula) e este foi o resultado.
Seguro que vos gustará tanto como nos gustou a nós escoitalo, que non se oía nin o voo dunha mosca.
GRAZAS FAIA!, GRAZAS MAMÁ DE FAIA!
Faia, encantoume escoitar na túa voz o conto de Pétala. Cando vaias en primeiro vas ser toda unha profesional. Estarei atenta para os próximos que contes. Noraboa a ti e ás túas colaboradoras, moitas, moitas felicidades. Recibide un bico de Chispa dende o outro lado da ría.
ResponderEliminarGrazas Chispa. És unha verdadeira e encantadora meiga. Sempre tan atenta ao que pasa ao teu redor. O noso Pulpi anda un pouco máis despistado, pero tamén está pendente do que no cole de Pazos se fai e do que sempre aprendemos. Bicos e apertas.
EliminarGrazas a toda a equipa educativa! e grazas ás compas que axudaron a escenificalo! Para que as crianzas amen a leitura non abonda con facelo na casa, vos sodes imprescindíbeis! facedes unha labor incríbel desde a biblio! mágoa que os horarios laborais non nos permitan participar máis activamente! Obrigada de todo o corazón! Para o ano teredes dúas novas contacontos!
ResponderEliminarSerá un pracer recibilas, (e a nai tamén). As portas da biblio sempre están abertas á vosa participación. Non tedes máis que comunicalo.
EliminarBicos e apertas de Pulpi (que como ten oito brazos dá unhas apertas estupendas.