domingo

ENTROIDO 2019. COPLA, COREOGRAFÍA E XOGOS DE BAILE

Ademáis do Desfile que víchedes no vídeo anterior, tiñamos unha copla especialmente ideada para esta data, que cntamos varias veces polo camiño e unha vez todos xuntos no medio do camiño.
Tamén os pequenos cantaron a súa canción de Entroido.
Á volta ao cole, ademais de merendar cos postres da víspera, as nenas e nenos de 1º e 2º agasalláronnos cunha coreografía que prepararon co profe Pavblo en E. Física.

Despois era tempo de xogos e dispuxemos unha pantalla con coreografías guiadas en vídeo que fixeron as ledicias de moitos e moitas, sen importar a idade.
A verdade é que o pasamos moi ben e quedamos sorprendid@s das facultades que para o baile teñen as nenas e nenos deste cole.

E para mostra, estoutro vídeo que recolle os mellores momentos da xornada:



Ningún comentario:

Publicar un comentario