mércores

20 DE MARZO: VISITA AO MUSEO DE BELAS ARTES (A CORUÑA)

 O pasado 20 de marzo, visitamos o Museo de Belas Artes da Coruña, unha visita cultural moi interesante na que aprendimos moito e desfrutamos ainda máis. 

Se queredes ver todo o que fixemos e o ben que o pasamos, votade un ollo á seguinte presentación.


museo belas artes -a coruña-

luns

9-13 DE MARZO: SEMANA DA PRENSA

Conmemoramos esta semana, mergullándonos no mundo da prensa escrita a través do xénero xornalístico

Non só coñecemos, analizamos e explorammos as súas características se nón que tamén levamos a cabo unha proposta divertida e creativa que nos permitiu dar renda solta a nosa imaxinación.

Creamos a nosa propia sección de sucesos empregando a técnica de Gianni Rodari; "Titulares Tolos".

O resultado foi moi duvertido, cheo de ocorrencias moi orixinais.




venres

DINÁMICA DE CONVIVENCIA

 Dentro do Plan de Convivencia do noso centro levamos a cabo unha actividade moi especial co alumnado de terceiro a sexto de primaria, centrada na importancia do respecto, a empatía e a comunicación positiva entre iguais.

A actividade desenvolveuse na biblioteca, onde comezamos cun pequeno coloquio sentados en círculo, no que reflexionamos sobre a convivencia diaria e os conflitos que ás veces xorden entre compañeiros e compañeiras. A partir desta conversa inicial, propúxoselles unha dinámica moi significativa: a cada alumno e alumna colocóuselle un folio en branco na espalda, no que os demais tiñan que escribir mensaxes positivas, cualidades ou aspectos que valoran desa persoa.(todos tiñan que ter algunha palabra positiva)

Unha vez rematada a actividade, realizamos unha posta en común na que puidemos compartir e comentar todo o positivo que xurdiu. Foi un momento moi emotivo, no que o alumnado tivo conciencia da importancia de expresar o bo que vemos nos demais.

A través desta experiencia, quixemos facerlles ver que, se nos esforzamos máis en dicirnos cousas positivas e en valorar aos demais, probablemente reduciríamos moitos dos conflitos que xorden no día a día. Sen dúbida, foi unha actividade enriquecedora que contribuíu a fortalecer os vínculos e a mellorar a convivencia no centro.




mércores

8M: DÍA DA MULLER

O pasado 8 de marzo celebramos no noso centro o Día Internacional da Muller cunha xornada chea de significado, participación e compromiso pola igualdade.

Unha das actividades máis especiais tivo lugar no patio, onde todo o alumnado se organizou para formar as figuras do número 8 e a letra M, creando unha imaxe conxunta moi simbólica. Cada neno e nena sostiña un abanico de cor morada, representando así a cor que conmemora esta data e mostrando, entre todos e todas, unha mensaxe de unión e respecto.

Ademais, levamos a cabo a elaboración dun mural colaborativo que quedou exposto no corredor do centro. Baixo o lema “Este 8M deixamos pegada”, todo o alumnado participou deixando a pegada das súas mans en cor morada e escribindo o seu nome, simbolizando que cada pequeno xesto conta e que xunt@s podemos deixar unha marca importante na construción dunha sociedade máis igualitaria.


Nas aulas tamén se traballou con diferentes textos que abordan a discriminación das mulleres que aínda existe hoxe en día en distintos ámbitos, facendo especial fincapé na situación de moitas mulleres en países non democráticos. Estas actividades permitiron reflexionar, dialogar e tomar conciencia da importancia de seguir loitando polos dereitos e a igualdade real.

Foi, sen dúbida, unha xornada moi enriquecedora na que reflexionamos, compartimos e aprendemos a importancia de seguir avanzando cara a igualdade pois temos que seguir dando pasos.

sábado

23 DE FEBREIRO: DÍA DE ROASALÍA DE CASTRO


O Día de Rosalía, convertiuse nos últimos anos, nunha das datas máis sinaladas do calendario cultural galego. Unha data que se celebra o 23 de febreiro, coicidindo co nacemento da autora.

No noso cole, homenaxeamos á poetisa coa elaboración dun mural e o recitado dun do seus poemas. 


As flores do mural, foron elaboradas nas sesións de plástica, se queredes ver como o fixemos clicade no seguinte video.


xoves

INICIAMOS ESCOLA DE FAMILIAS

 

O pasado martes iniciamos a “Escola de familias de Franza”. Un espazo creado para que toda a comunidade poida compartir momentos, formarmos en aspectos relacionados coa infancia, conmemorar e realizar actividades para a rapazada.

Foi unha sesión moi especial na que alumnado, familias e profesorado elaboramos os disfraces de Entroido. 


Esperamos que sexa a primeira de moitas¡¡










luns

30 DE XANEIRO: DÍA DA PAZ

 Un ano máis, o día 30 de xaneiro, celebramos no noso cole o Día da paz, cunha serie de actividades. 

Dentro do proxecto anual: "ImaxinARTE", escollemos nesta data ao pintor Romero Britto e seguindo o seu estilo construimos entre todos e todas un mural dunha das súas obras, empregando técnicas que impliquen cooperación, entre os diferentes niveis educativos ao mesmo tempo que coñecen outras formas artísticas.

Empregando cores vivas que intenten reflexar o estilo POP art do autor.

Previamento o alumnado traballou nas aulas esta corrente artística.


Ademais, nas titorías e nas sesións de educación musical todo o alumnado do cole preparou a canción de Juanes, "Paz, paz, paz" para representala neste día na Biblioteca escolar poñéndolle LSE e o seu propio baile.

Con todas estas actividades intentamos traballar a inclusión que é un paso fundamental para traballar a Paz.


Para rematar a xornada fomos moi afortunados de contar coa presenza de Irene Caruncho, que nos regalou tres cancións elixidas por ela mesma, para o alumnado. 







19 DE DECEMBRO. FESTIVAL DE NADAL

 O pasado venres celebramos o Festival de Nadal no noso cole. Como tódolos anos foi unha oportunidade para que toda a comunidade puidésemos compartir un ratiño de celebración e desfrute coas actuacións que realizou o alumnado e cunha rica merenda facilitada pola ANPA.


Felices festas¡¡

 


vídeo nadal colexio 

martes

25 DE NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VILOLENCIA CONTRA A MULLER

 Un ano máis, aproveitamos o 25 de Novembro para recordar a importancia de desenvolvernos nun ambiente fóra de estereotipos e micromachismos e fixémolo realizando as actividades de FEANPAS, que consistía na reflexión sobre os micromachismos construíndo un pequeno megáfono. 



Ademáis todo o alumnado do centro elaboraron e deseñaron unhas chapas para dar proxección á mensaxe fóra do centro.



venres

20 DE NOVEMBRO: DIA DA INFANCIA

 O 20 de Novembro conmemórase o Día Mundial da Infancia, sendo este un día para promover e defender os dereitos das nenas e os nenos a nivel global.

No noso cole aproveitamos a temática do Proxecto anual para crear un mural onde as nenas e os nenos recordan algúns dos dereitos que consideramos fundamentais.



Ademais todos os membros/as da comunidade educativa puxémonos a disposición da profe Montse, aportando imaxes actuais ou "da nosa infancia" para crear un marabilloso video que podedes desfrutar a continuación: