xoves

OS ELECTRECOS

O pasado día 11 disfrutamos no cole dun Obradoiro moi especial.
Tratábase de aprender a reciclar os residuos de xeito correcto, e especialmente os residuos de aparellos eléctricos e electrónico (RAEE).

Esta campaña impulsada pola Consellería de Medio Ambiente e ordenación do Territorio ten como protagonistas a os personaxes de "Os Bolechas", así Ecocarlos, Ecobraulio, Ecopili, Ecololi, Ecosonia, Ecotatá y Ecochispa están encargados de reclutar superheroes da reciclaxe. Eses supoerheroes serán, nin máis nin menos que as nenas e nenos de moitos centros educativos e, por suposto, os de Franza tamén.

Clica na imaxe e accederás á área virtual do proxecto con xogos e actividades variadas. 

Así que reunímonos na biblioteca e de xeito ameno e divertido a través de monicreques, vídeo e o bo facer da técnico de Medio Ambiente, que mesmo acabamos cantando un rap con ela, aprendimos moito e poderemos apuntarnos na lista de superheroes da reciclaxe.








E aquí tedes un vídeo do Obradoiro, para que vexades que non mentimos:






E como as neas e nenos de E. Infantil non participaban neste obradoiro, pero sabían que viñeran Os Bolechas ao cole, fixeron estas fotos e recolleron os libros se Os Bolechas sobre a RAEE.




Ningún comentario:

Publicar un comentario