domingo

LECTURAS PARA A PAZ

Este ano, polo Día da Paz, celebramos 5 sesións especiais de "A Hora do Conto".

Empezamos o venres día 27. Carla de 5º leu para todos etodas "A pomba Dona Paz", de Ramón Caride e ilustrado por Pepe Carreiro, editado por Xerais.
Escollímolo porque aborda todos os problemas do mundo actual que non deixan que a Paz impere.
A desigualdade, a contaminación, a ecplotación infantil, a guerra, os refuxiados....




Lecturas por la paz by Slidely Photo Gallery


O luns día 30, Día da Paz, celebrámolo cun marabilloso libro titulado "O principio".  Trátase dun conto escrito por Paula Carballeira,  (escritora e recoñecida Contacontos de Maniños-Fene) e ilustrado por Sonja Danowski, unha marabillosa ilustradora alemana e editado por Kalandraka.

“O principio” reflicte a tenrura fronte ao horror, a imaxinación ante a máis absoluta precariedade, a fortaleza ante o drama humano. Paula Carballeira é quen de poetizar sobre os efectos crueis e devastadores dunha guerra mentres as ilustracións realistas de Sonja Danowski trasladan os lectores ata as mesmas ruínas dos bombardeos. (Extraído da páxina de Kalandrka)

Porque os nenos e nenas son O PRINCIPIO dun futuro mellor....

Para apoiar o relato montamos un vídeo coas ilustracións e acompañado de música, que mantivo a todo o alumnado sen pestanexar e co corazón sobrecollido.

Alba, de 4º, foi a encargada de ler os textos e o fixo con grande sensibilidade.


O martes 31, Faia de 3º leu "Cal é a miña cor?" , de Antoine Guilloppe e ilustrado por Géraldine Alibeu, da editorial Xerais.
 Un album ilustrado que "aborda a complexa cuestión da definición da identidade cultural dos nenos e nenas inmigrantes no entorno das sociedades de acollida. Unha proposta novidosa para promover a súa integración e remoer moitos dos prexuízos existentes sobre a cuestión da inmigración" (extraído da páxina de Xerais).




LECTURAS PARA A PAZ by Slidely Slideshow



O mércores, Yoel e Inés de 6º, leron "La llave",  de Ángeles Delaunois e ilustrado por Christine Delenzenne, editado por Lóguez.
Un relato en primera persoa que fala da guerra, da inmigración, da perda de identidade....
Un texto poético ao que acompañan unhas marabillosas ilustracións e sobre o que ao rematar a lectura comenentamos durante un rato.



E o venres 3, Gabriel de 5º leu "El viaje", de Francesca Sanna editado por "La pequeña impedimenta". 

A autora recolleu o relato de moitos refuxiados de guerra e elaborou unha historia que recolle de xeito colectivo todos os testimonios escoitados.

Narra na voz dun neno o que se sinte ao ter que abandoar a súa casa e o seu país por causa da guerra, e o "Viaxe" que emprenden sen saber a onde e se van poder chegar e aos perigos que atoparán.





Lecturas para a paz by Slidely Slideshow

No hay comentarios:

Publicar un comentario