venres

14 DE NOVEMBRO. A ESFOLLA.

 O pasado venres 14 de novembro festexamos a "Esfolla" no noso cole. A Esfolla é unha tradición rural galega vinculada á colleita do millo.


Grazas aos amigos da Asociación Cultural Apelón este ano a rapazada desfrutou e coñeceu actividades típicas desta festa. Distribuímonos en seis grupos que rotamos por seis talleres que detallamos a continuación:

A Esfolla 

martes

30 DE OUTUBRO. MAGOSTO E DÍA DO PEÓN.

 O pasado xoves 30 de novembro celebramos o Magosto e o Día do Peón no colexio. Dúas conmemoracións características do época do ano na que nos atopamos.


Comezamos cunha merenda que nos proporcionou a enerxía necesaria para unha mañá chea de actividades. A ANPA deunos boliños de pan, batido e castañas. Estaba todo riquísimo!

Xa cheos de enerxía realizamos unhas actividades características destas celebracións












luns

29 DE OUTUBRO. O SAMAÍN CHEGA A FRANZA.

O pasado mércores desfrutamos do Samaín no cole de Franza. O Samaín é unha festa que marca o final da época de colleitas e o inicio da "metade máis escura do ano". 


Este curso contamos coa Asociación Cultural Apelón que conseguiu que a nosa biblioteca se convertese nun espazo cargado de mística e tradición cunha incrible ambientación e posta en escena.



Houbo tempo para os "contos de medo" cos maiores do colexio e os máis pequechos desfrutaron de clásicos adaptados á súa idade e gustos.



Sen dúbida, unha experiencia moi positiva que, grazas aos amigos da Asociación Cultural Apelón,  nos permitiu conmemorar o Samaín no colexio.

mércores

O OUTONO É UNHA FESTA

Chega o outono e con el, unha morea de festas que celebrar.

Na seguinte presentación recollemos algunhas das festas máis populares galegas que se celebran nesta estación.

O outono é unha festa 

Dita presentación da coñecer aos alumnos/as un pouquiño máis da nosa cultura tradicional, a través da lectura e comprension da información relacionada con cada festa, do recitado de coplas e refráns, observación das obras artísticas de pintura e das actividades finais.

Alunhas destas festas celebrarémolas no cole. Estades preparados?

martes

24 DE OUTUBRO. DÍA DAS BIBLIOTECAS.

 

    O pasado 24 de outubro celebramos “O día das Bibliotecas Escolares” e aproveitamos para presentar o proxecto do curso actual.

    A nosa mascota Pulpi convocounos na biblioteca despois do recreo.



Mediante unhas probas que os alumnos/as resolveron en pequenos grupos coñecemos que o título do noso proxecto anual “ImaxinARTE”, tiveron que decorar un mural co título e obtiveron como recompensa o carné do artista.







 Ao longo do curso deberemos superar probas e converternos en auténticos artistas. 



Seremos capaces?