venres

25N: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O pasado 25 de novembro, o noso centro, uniuse ás actividades promovidas pola Fanpa Ferrolterra no marco do Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Este ano, a actividade centrouse na violencia exercida contra as mulleres na rúa, especialmente a través de comentarios non desexados e “piropos” que resultan ofensivos. Para visibilizar esta problemática, o alumnado participou na iniciativa “Chalk Back”, unha acción que invita a reflexionar e a expresarse.
 
O propio día, baixamos á nosa biblioteca a ver o vídeo-tutorial sobre a temática que se conmemoraba.


Clica nesta ligazón para ver o tutorial.

Pola nosa banda, toda a comunidade educativa escribimos na pista do cole frases reivindicativas contra o acoso.











xoves

DÍA MUNDIAL DA INFANCIA

O día 20 de novembro, celebramos o Día Mundial da Infancia

Dito día non é un día máis, senón que é a data na cal se celebra o momento no que os dirixentes mundiais comprometéronse cos nenos e nenas de todo o mundo e se aprobou a Convención sobre os Dereitos do nen@.

Para conmemorar este día, todos e todas elaboramos conxuntamente un mural representando a unión das nosas mans, para reivindicar os nosos dereitos como nen@s.

Rematamos a xornada recitamos o poema “Unidas as mans”, tamén representado no mural. 

Podedes ver unha mostra deste día na seguinte presentación:



venres

VISITA DE PROFESORADO BELGA (ERASMUS+)

O pasado 14 de novembro, dentro do programa Erasmus +, recibimos a visita de profesorado procedente de Bélxica. O principal motivo da súa visita foi a observación nas nosas instalacións do traballo da competencia matemática.

Previamente a dita visita, traballamos na aula a búsqueda de información sobre o país visitante, Bélxica a través desta presentación. (clica na palabra Bélxica para ver a presentación).

Durante a xornada de visita cos mestres/ as, realizáronse diferentes actividades no centro:

Primeiro, na nosa biblioteca, co alumnado de quinto e sexto de Educación Primaria, distribuídos en diversos talleres de aprendizaxe e axudándose de material manipulativo; realizaron diferentes actividades competenciais en grupo:

  1. Actividades de lóxico-matemáticas con pentominós.
  2. Construción dun castelo con policubos para ver a diferencia entre perímerto, área e volume, atendendo ás tres dimensións.
  3. Actividade de relación entre fracción, decimal e porcentaxe con liñas representadas no chan con cinta adhesiva.
  4. Traballo de simetrías con espellos.
  5. Creación de diferentes polígonos co Tangram.

Despois, asistiron á aula de primeiro e segundo de Educación Primaria na que compartiron unha actividade manipulativa de numeración e conteo: "os banqueiros". 

Unha mostra disto,  mostrámosvola a continuación.
 
    
                         










martes

DÍA DO PEÓN

 Hoxe 11 de novembro celebramos no cole o Día do Peón con diferentes actividades.

Ademáis de bailar o peón, adornamos a nosa entrada e fixemos actividades nas aulas de búsqueda de información, vocabulario e ata aprendimos a canción "Buxaina brincadeira"  do Grupo Ledicia .

Aquí tendes a presentación sobre o Día do Peón que empregamos nas aulas


Día do peón de Thais Amenedo


E a continuación, ensinámosvos unhas fotiños deste día.