Actividades creativas para aprender xeometría en 3º de primaria.
martes
CANDO CHEGAN LIBROS NOVOS
A biblioteca escolar vai aumentando os seus fondos ano a ano grazas á dotación económica que recibimos cada curso por pertencer ao PLAMBE (Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares), toda vez que o noso proxecto de biblioteca foi aprobado no 2010 e todas as memorias que se entregan ao final do curso escolar obteñen unha calificación positiva.
En moitas ocasións os fondos novos expóñense na biblioteca, para que así alumnado e profesorado poida achegarse a explorala.
Pero pensamos que moitas veces é máis eficaz presentar os novos libros directamente nas aulas e dar un tempo para a súa exploración, porque desta maneira aseguramos que todo o alumnado coñece as novas adquisicións, tamén aquel alumnado que non vai pola biblioteca nos recreos.
Así o fixemos en 3º e 4º e disfrutamos moito deste momento.
Vos deixamos aquí a explicación de como o fixemos , fortos do memento así como as portadas dos novos fondos con enlaces onde obter información dos mesmos.
sábado
DÍA DO LIBRO 2024
Este día foi moi especial no noso cole.
Reunímonos tod@s na biblioteca para asistir á presentación do libro "Mirando o Guernica" que foi elaborado a man pola profe Carmen con información coa que traballamos con motivo do Día da Paz 2024 e ampliándoa con dúas seccións novas.
Aquí tedes un pequeno vídeo deste momento.
APRENDEMOS A USAR A CÁMARA DE VÍDEO
Como o alumnado de 3º e 4º serán os cámaras da nosa película sobre cómo lavarse ben as mans, ademais de aprender todo o que aprenderon sobre cine (e cómic) en relación a planos de encuadre, planos segundo a inclinación da cámara e o guon gráfico, era necesario que aprendesen a manexar a ferramenta de traballo.
Así que ao longo dunhas semanas practicaron o aprendido tanto en modo foto como en modo vídeo.
Foi moi divertido e gratificante para tod@s.
Mirade o resultado:
AUTOMATISMO DE 5º E 6º
Despois de varios intentos e de corrixir erros logramos os nosos propios autómatas. Mirade.
venres
LAS RATITAS 6. EL PODER DE LOS MUÑECOS DE NIEVE.
Melissa (unha vez máis) recoméndanos outro libro.
Nesta ocasión trátase do número 6 da colección "Las ratitas" da Editorial Destino.
Las Ratitas son dos hermanas, Gisele y Claudia, que siempre juegan y lo pasan bien. Seguramente las conocerás por su divertidísimo canal de YouTube, en el que cuentan con más de 23.000.000 millones de seguidores. Actualmente su canal Las Ratitas es el número 1 indiscutible de YouTube, con más seguidores que ningún otro en la categoría infantil en lengua española. Además, disponen de otro canal, SaneuB, con más de 7.000.000 de seguidores y otro familiar, Itarte Vlogs, con más de 6.000.000. ¡No te pierdas sus aventuras! Con ellas, la diversión y la magia están aseguradas.
luns
IMOS FACER UNHA PELI
A actividade "estrela" do proxecto anual "Coidadiño: xente medrando! é a de realizar unha película coa participación de toda a comunidade educativa.
a película recollerá a canción creada por nós durante a pandemia "Canción para ben lavarse as mans". Trátase dunha canción que indica os pasos a seguir para un bo lavado de mans e dura o tempo necesario para un lavado correcto e que habitualmente a cantamos acompañándoa cos xestos correspondentes.
O alumnado de E. Infantil e de 1º e 2º de E. Primaria serán os actores e actrices da peli, o alumnado de 3º e 4º de Priamria serán directrores e directoras así como cámaras e o alumnado de 5º e 6º montarán o vídeo final.
O son da película será a canción cantada por toda a comunidade educativa e desta maneira crearemos un documento audiovisual de interese para unha boa hixiene.
En 3º e 4º estiveron traballando sobre o "abc" do cine. Planos, encuadre, movementos de cámara, inclinación da cámara, guión gráfico...
Con todo o aprendido prepararon unha presentación para expoñelo ante o resto do cole.
E así foi o momento.
sábado
UN CONTO NUN FRASCO! ADIVIÑAMOS!!!
Xa sabedes desta actividade por entradas anteriores.
Dentro dun frasco trnasparente gardáronse un ou varios obxectos relacionados cun conto para que poidamos xogar a adiviñar de que conto se trata.
Tiñamos unha plantilla onde os equipos (ou individualmente) deben escribir o título que cren que corresponde a cada número e depois se comproban os acertos. E ti, cantos contos acertarías?
Así de ben o fixeron en 1º e 2º.
venres
VISITA Á CASA-MUSEO PICASSO DE A CORUÑA
Para completar o traballo que sobre Picasso e o Guernica fixemos no cole solicitamos unha visita á Casa-Museo de Picasso na Coruña.
Foi unha saída de todo o centro pois ás actividades a realizar ían ser adaptadas polo persoal que traballa alí.
Dividiron ao alumnado en 2 grupos, un de E. Infantil ata 3º de E. Primaria e outro dende 4º a 6º. As actividades foron alternas, así mentres un grupo realizaba un obradoiro manual, outro realizaba a visita e as actividades propostas para gañar as raias da camiseta de Picasso e podelo completar, e na seguinte ronda intercambiaban a actividade.
Aquí vos deixamos un vídeo deste día onde tod@s disfrutaron moitísimo e aprenderon un pouco máis.
xoves
DESPREGABLES. AUTOMATISMOS EN PAPEL 2º TIPO
Como actividade de Biblioteca Creativa e de Polos Creativos do cole, puxemos en marcha obradoiros de automatismos variados.
Un deles foi o de elaborar despregables en papel (Pop-Up) ensinando algunha das técnicas máis sinxelas e elaborando tarxetas variadas.
Neste vídeo veredes unha técnica mixta (traballa 2 automatismos diferentes) que realizou o alumnado de 3º e 4º de Primaria.
martes
AUTOMATISMOS. DESPREGABLES EN PAPEL 3º E 4º
Como actividade de Biblioteca Creativa e de Polos Creativos do cole, puxemos en marcha obradoiros de automatismos variados.
Un deles foi o de elaborar despregables en papel (Pop-Up) ensinando algunha das técnicas máis sinxelas e elaborando tarxetas variadas.
Este é o primeiro modelo que traballaron en 3º e 4º.
luns
DESPREGABLES. AUTOMATISMOS EN PAPEL.
Como actividade de Biblioteca Creativa e de Polos Creativos do cole, puxemos en marcha obradoiros de automatismos variados.
Un deles foi o de elaborar despregables en papel (Pop-Up) ensinando algunha das técnicas máis sinxelas e elaborando tarxetas variadas.
En 1º e 2º Pulpi foi o personaxe que xurdía da tarxeta que decoraron ao seu gusto.
Este foi o resultado.
venres
GALIÑAS AUTÓMATAS
Este ano a Biblioteca Creativa, xunto con Polos Creativos, acrodamos realizar actividades de automatismos en toda a E. Primaria polo seu carácter lúdico, plástico e científico asociados á actividade.
Así en 1º e 2º decidiron facer unha galiñas autómatas que se turnan para picotear da sua comida.
Mirade que marabilla!
sábado
DÍA DO LIBREO INFANTIL E XUVENIL 2024
Para conmemorar esta data tan sinalada en todo cole e en toda biblio que se precie, puxemos en marcha esta actividade tan bonita.
Seredes quen de adiviñar o título do conto ao que fan referencia os obxectos metidos en cada frasco?
Que obxectos meteríades vós e para que contos?
podedes deixar as vosas respostas nos comentarios do blog.
AnimÁdevos!
Toda a información neste documento de aquí abaixo. Non volo perdades!
venres
LECTURAS COMPARTIDAS NO SEGUNDO TRIMESTRE
Xa sabedes desta actividade que realizamos durante a "Hora de ler" os martes e venres de cada semana.
Segue a ser un momento moi esperado e máis agora que xa lles empeza a tocar o turno de lectura ás nenas e nenos de 2º de Primaria. Iso de sentarse no "Trono dos contos" e ler para o resto gústalles moito, claro! E o fan de marabilla!
Aquí tedes un resumo.
luns
TINKERCAD EN 5º E 6º
Co profe Pablo o alumnado de 5º e de 6º elaboraron co profe Pablo o deseño dunha caixa para os diferentes xogos de cartas que este ano elaborou o equipo de biblioteca.
Para iso primeiro tomaron medidas das cartas de xogo e do seu caderniño e puxéronse mans á obra.
Nos seus ordenadores edixgal ían deseñando seguindo as instrucción do profe para saber elaboran unha caixa e a súa tapa de acordo coas medidas tomadas e poder exportala en .stl para poder imprimila coa nosa impresora 3D.