Como sabedes polas noticias que desafortunadamente se repiten con moita frecuencia, a violencia de xénero é un grande problema na sociedade actual.
Para evitalo é moi importante EDUCAR.
Educar a nenos e a nenas na igualdade, no respecto dos outros e no respecto por un mesmo.
Atopamos na rede este vídeo que seguro nos fará pensar a tod@s na importancia de ser quen verdadeiramente se é.
xoves
DÍA DOS DEREITOS HUMANOS
O 25 de novembro é o Día Internacional dos Dereitos Humanos e ademais o 10 de decembro é o Día Internacional contra a Violencia de Xénero.
No Cole, para conmemorar estas datas traballamos cuns libros que ademais foron lidos na Biblioteca por alumnado de 6º na "Hora do Conto".
Tamén recibimos a actuación da Compañía Ghazafellos (por cortesía do Concello de Mugardos), cunha montaxe teatral que incluía estes tres contos nunha única historia.
Encantounos e por iso fixemos esta presentación. (Fai clic para pasar de diapositiva)

sábado
MAGOSTO E SAMAÍN
E unha vez máis chegou o magosto, e Pulpi quere que o disfrutemos o máis posible. Como sabe que a festa xa a facemos no cole, Pulpi vos deixa estes enlaces para que xogar e aprender ao mesmo tempo.
Atrévete con estes LIM, ( quebracabezas, emparellamentos... e outras divertidas actividades):
CONTO DA CASTAÑA QUE REBENTOU DE RISA
CELEBRAMOS O MAGOSTO
OUTONO E MAGOSTO, (para os que queirades saber moito, moito,moito)
Claro! Tamén é SAMAÍN! E tamén vos propoñemos este LIM para pasalo "de medo".
O SAMAÍN
E para raballar as dúas cousas á vez:
Para ir ambientándonos, aquí vai este vídeo que esperamos vos guste tanto como a Pulpi.
E para cantar todos xuntos:
ADEMÁIS....
Clicando na imaxe entrarán nunha páxina chea de recursos sobre O Samaín, debuxos, manualidades, cancións, vídeos, películas, libros, artigos, información....
E clicando nestoutra, accederás a outro montón de
recursos sobre O Magosto. Disfrutádeo!
(O noso enorme agradecementos ao Profesorado e aos Colexios que tan xenerosamaente puxeron o seu traballo a disposición de todos)
domingo
FESTIVAL DE FIN DE CURSO NA BIBLIOTECA
Un ano máis celebramos o festival de fin de curso na Biblioteca.
Os nenos e nenas de 6º foron os presentadores das moitas e variadas actuacións:
- "Danza dos 7 saltos" a cargo do alumnado de 3 e 4 anos.
- Os de 5 anos cantaron "Debaixo da figueira", canción popular galega, con moita arte.
- O alumnado da Escola Infantil de O Seixo interpretou "Donde están las llaves", tradicional infantil, acompañados por música a piano e con decorado e todo. Unha marabilla.
-Margarita, a profe se relixión preparou unha actuación conxunta.
- En 1º de Primaria non perderon o tempo durante o curso, así que acompañaron con instrumentación "Ma navu", danza de Israel, e logo nola bailaron.
- Os de 2º cantaron con moita sensibilidade o "Romance da lavandeira" e tamén nos bailaron unha interpretación de "El amor bruxo" de Falla, con bruxo, fogueira e namorados... que fixo as ledicias do público.
- En 3º e 4º cantaron "No niño novo do vento", poema de Álvaro Cunquiero e música de L.E. Batallán, con moi boa afinación .
- Alex, de 3º, foi mago por un día. Agasallounos cunha grande representación de xogos de maxia, na que amosou todo o seu talento para a interpretación, deixándonos admirados coa súa arte.
- Despois disfrutamos das coreografías de baile que o propio alumnado ideou para a asignatura de Educación Física. Así 3º e 4º, 5º e 6º amosaron sendas coreografías moi ben interpretadas e con moita marcha.
- O alumnado de 5º interpretou un rap vocal no que recordaron a todos que chegaban as "Vacacións de verán". Estiveron increíbles.
- Xa rematando , o alumnado de 6º fixo gala dalgunhas das súas moitas habilidades. Primeiro interpretaron á frauta unha peza chamada "O canto do paxaro". Seguidamente ofrecéronnos unha peza de Percusión corporal mixturada con voz que deixou ao público asombrado pola súa espectacularidade e boa execución.
- E como broche de ouro a tan marabilloso festival, o alumnado de 5º e 6º, Eva Fernández (exalumna do cole co cello) e 3 compoñentes do "Quinteto Ponticello" como artistas invitadas (Brenda ao violín, Andrea ao cello e Laura ao contrabaixo), baixo a dirección de Alberto, músico e conserxe do cole, interpretaron unha adaptación da canción Wathever do grupo Oasis.
Aquí a tendes para non esquencela.

martes
XOSÉ TOMÁS. ILUSTRADOR NA BIBLIOTECA.
O pasado 15 de xuño disfrutamos da presencia de Xosé Tomás (ilustrador galego) na nosa biblioteca.
En primeiro lugar recibiu aos alumnos de 1º e 2º de Primaria. Explicoulles en que consiste o seu traballo e debuxaron as "historias imposibles" que fabricaban extraendo papeliños de tres caixas diferentes.
Na primeira caixa QUEN, na segunda QUE FAI e na terceira ONDE.
Despois recibiu ao alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º . A sesión foi similar á anterior, pero os debuxos do ilustrador eran significativamente diferentes de acordo á idade dos alumnos. Tamén aprendemos a importancia que teñen as liñas básicas na creación de personaxes, comprobando a diferencia que se produce nun rostro con tan só variar a situación destas liñas.
Por último tivo a xenerosidade de atender as peticións do alumnado na creación dun personaxe especial para nós.
Ademáis firmou pacientemente autógrafos a quen llo pediu, pero como pensa que un autógrafo "non vale nada" todos e cada un dos autógrafos foron acompañados dun fermoso debuxo.
Foi todo un pracer recibilo e contar coa súa presencia entre nós porque puidemos apreciar non só a súa indiscutible e recoñecida arte senon tamén a súa enorme calidade humana.
Vaia dende aquí, unha vez máis, o noso agradecemento.

TÍTERES NA BILIOTECA
O 2 de xuño e grazas a colaboración da ANPA do centro disfrutamos na biblioteca dunha representación de teatro de títeres a cargo da compañía "Titereficciós".
Nesta presentación podedes ver o cartel anunciador da actividade, así como algúns escollidos momentos da representación.
Nesta presentación podedes ver o cartel anunciador da actividade, así como algúns escollidos momentos da representación.
LETRAS GALEGAS 2011
Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas , Miguel, alumno de 5º, e Olalla, alumna de 6º, interpretaron na biblioteca a obra de teatro "Na oficina de obxectos perdidos" de Sechu Sende, do seu libro "Made in Galiza".
luns
COUSAS QUE PODEMOS FACER POLO NOSO PLANETA
Non queríamos deixar pasar o Día do Medio Ambiente sen publicar nada no blog.
Esperamos que estes vídeos vos gusten tanto como a nós e sobre todo que aprendamos pequenas cousas que podemos facer para colaborar na conservación do noso planeta.
Esperamos que estes vídeos vos gusten tanto como a nós e sobre todo que aprendamos pequenas cousas que podemos facer para colaborar na conservación do noso planeta.
mércores
A INSOPORTABLE LEVEDADE DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES GALEGAS
Ante a previsible retirada de formadores específicos no ámbito das bibliotecas escolares no Servizo de Formación do Profesorado, no Centro Autonómico de Formación e Innovación e nos centros de formación e recursos dependentes da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, segundo o borrador da orde que convocará concurso público de méritos para cubrir postos de persoas directoras e asesoras nestes centros queremos manifestar o seguinte:
Hai proxectos que nacen marcados pola vulnerabilidade e a razón desta circunstancia non ten nada que ver coa falta de rigor ou a pouca entrega das persoas que os poñen en marcha. Máis ben ten que ver co feito de que nacen destinados a nadar contra corrente. Con todo, esa é a principal razón da súa existencia: xorden porque responden a unha necesidade non satisfeita pero compartida por un número crecente de persoas que senten que é posible compartir e facer viable o proxecto xuntos. Así naceu o movemento que cristalizou na iniciativa que todos coñecemos como PLAMBE. De xeito que dende hai algúns anos, esa iniciativa levou o mellor da creatividade e o esforzo de moitos docentes que xenerosamente regalaron o seu tempo e a súa capacidade de formar equipos e ilusionar a outros docentes en centros e centros de toda a nosa comunidade. Xuntos aprendemos a ser rigorosos e esixentes nos nosos proxectos, a crear espazos de aprendizaxe colaborativo, de cambios de estratexia, de achegamento ás novas tecnoloxías, de racionalización na xestión da información. Que ninguén se equivoque: os responsables das bibliotecas escolares non son seres evanescentes perdidos en vanas quimeras que tentan “roubar” horas a materias “importantes” para que o alumnado esmoreza entre mundos de ficción. Nada máis lonxe da realidade. Nun centro onde hai un equipo que xestiona a biblioteca de forma eficaz nótase. Os fondos adquírense con criterio, establécense acordos para xestionar a información, créanse espazos de colaboración e docencia compartida. Non é doado porque a maquinaria educativa ten unhas inercias difíciles de combater. A pesar de todo, estes docentes fórmanse e exercen a súa dura misión en horas non retribuídas, roubadas ás súas familias, ao descanso, ao lecer. Fomos coordinados con rigor e seriedade pola Asesoría de Bibliotecas Escolares pero sempre nos faltou o marco legal axeitado. A nosa misión é dura porque queda moito por definir. Na nosa inxenuidade e boa fe esperabamos conseguir progresivamente tempos e formación para seguir mellorando na nosa función se demostrabamos que eramos rigorosos e eficaces. Os nosos méritos como colectivo son dabondo coñecidos polos nosos gobernantes e acreditados por diferentes administracións e ámbitos a nivel estatal. Os numerosos e constantes premios anuais de boas prácticas concedidos polo Ministerio de Educación y Ciencia non caeron do ceo. Durante todos estes anos a formación recibida foi fundamental para levar a cabo actuacións rigorosas e enfocadas na dirección correcta.
Sabemos das cuantiosas axudas que a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, destina a outros proxectos, dos incentivos para a elaboración de contidos dixitais por parte das empresas editoriais, entre outras iniciativas. Non sería tamén interesante fomentar a produción de materiais propios e promover desde cada centro a estandarización de procedementos que axuden a xestionar a información entre o noso alumnado sen confiar todo a eses materiais externos que proceden da industria editorial, por valiosos que poidan ser? Por que non seguir aproveitando a experiencia e valía dos equipos das bibliotecas escolares nestes cometidos?. O noso empeño sempre foi crear nos centros pequenos focos que tentan estender esas boas prácticas de innovación e excelencia. Non entendemos este novo e repentino xiro na política de formación desta Dirección Xeral. Non nos parece xusto posto que, podemos dicir honestamente que, pola nosa banda, cumprimos con fartura. Ao desmantelar as estruturas que nos sosteñen o deterioro será proporcional ao entusiasmo e o esforzo investidos: inmenso e imparable. Algúns lembramos como o noso Conselleiro lanzou un bico ao aire ao despedirse dos asistentes aos últimos encontros despois dunhas entusiastas palabras de eloxio polos éxitos logrados polas bibliotecas escolares galegas a nivel estatal. Onde quedou ese entusiamo? Que interpretación debemos facer? O noso país pode permitirse tirar pola borda todo este traballo? E nós?. En que situación quedaremos agora diante das nosas comunidades educativas se despois de tanta insistencia é a propria Consellería a que nos invisibiliza?.
sábado
INVENTO REVOLUCIONARIO
Atención a este "superinvento". As súas características fanno único e inmellorable.
Todos deberíamos conseguir un cada certo tempo.
Unha vez usado non poderedes prescindir del.
Avisade a todos os voso coñecidos.
Todos deberíamos conseguir un cada certo tempo.
Unha vez usado non poderedes prescindir del.
Avisade a todos os voso coñecidos.
ONDE PODES CONSEGUIR ESTE INVENTO
Este revolucionario invento que acabades de descubrir pódedelo conseguir nun montón de sitios.
Nalgúns sítios préstanvolo, noutros podedes entrar a velos e se queredes, mercar algún.
Se ides a Oporto, cidade de Portugal, non deixedes de entrar neste marabilloso lugar, onde o espazo onde os gardan é tan fermoso como os tesouros que contén.

EN ABRIL... CONTOS MIL
Durante o mes de abril, mes dos libros, tivemos a sorte de contar cuns contacontos escepcionais, os mellores contacontos do "mundo mundial". Moitas horas de experiencia, e moita paixón polo seu traballo fan das nais e dos pais uns relatores do máis alto nivel.
Dámoslles grazas, unha vez máis, pola súa colaboración e por compartir o seu tempo e o seu arte con todos.
Dámoslles grazas, unha vez máis, pola súa colaboración e por compartir o seu tempo e o seu arte con todos.
martes
luns
NOVO MEDICAMENTO MOI RECOMENDABLE
MANTÉÑASE PRETO DOS NENOS E NENAS.
TAMÉN DISPOÑIBLE LECTURIL FORTE EN CÁPSULAS POR CAPÍTULOS
Fonte: bibliorios.blogspot
MÚSICA, PINTURA E MEDIOAMBIENTE
Ao principio todo era Natureza.
Máis tarde algo sucedeu...
...e fíxose máis grande...
...e máis aínda...
Intentaron convivir...
...pero non era tan doado.
Deixar o teu coche...
plantar unha árbore.
PAREMOS O QUENTAMENTO GLOBAL.
¡DISFRUTA DA NATUREZA!
Fuente: dalealplay.com
martes
mércores
ENCONTROS DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES
Os días 7 e 8 de abril celebráronse en Santiago os Encontros das Bibliotecas Escolares 2010-2011.
Estes encontros están organizados pola Asesoría de bibliotecas escolares e están pensados para adquirir formación específica na xestón e dinamización das bibliotecas escolares, así como para intercambiar ideas e experiencias con outros centros educativos.
Na sesión de mañá do día 8 Mónica Baró e Teresa Mañá falaron da importancia de avaliar a nosa biblioteca para poder avanzar máis e mellor e aportaron ideas sobre cómo, cando e qué se debería avaliar.
Seguidamente, e despois dunha pequena pausa e dun café, os asistentes repartímonos en diferentes aulas onde se expoñían traballos de centros escolares galegos que teñen traballado co cine (entre eles o Fernando Esquío de Neda, veciños nosos) ou coa banda deseñada nas súas actividades de creación literaria. Asimesmo Kiko Da Silva, ilustrador galego, impartiu un obradoiro sobre "A banda deseñada na colección da biblioteca escolar.
Xa pola tarde reuníronse os representantes das bibliotecas por zonas (nós coa zona de Ferrolterra) para intercambiar experiencias dos nosos centros, aportar novas ideas e/ou suxerir traballos colaborativos.
E como guinda do pastel, e para pechar estes encontros contamos coa marabillosa visita de Xosé Neira Vilas, autor do primeiro best seller da literatura galega polo número de edicións e traduccións coas que conta "Memorias dun neno labrego".
Falounos da súa infancia, dos oito quilómetros que tiña que camiñar para ir á escola despois de traballar na casa, dos libros que mercaba por correspondencia e agochaba baixo unhas tellas do teito, de que quería ser periodista e que ao fina o foi, da emigración a Arxentina e logo a Cuba, da súa muller Anisia Miranda, coa que traballou na revista infantil "Zun zun" en Cuba, do seu amor polos libros, dos libros que regalaba cando non lle cabían no cuarto onde vivía, da biblioteca que actualmente funciona na que fora a casa da súa infancia...
Estes encontros están organizados pola Asesoría de bibliotecas escolares e están pensados para adquirir formación específica na xestón e dinamización das bibliotecas escolares, así como para intercambiar ideas e experiencias con outros centros educativos.
Na sesión de mañá do día 8 Mónica Baró e Teresa Mañá falaron da importancia de avaliar a nosa biblioteca para poder avanzar máis e mellor e aportaron ideas sobre cómo, cando e qué se debería avaliar.
Seguidamente, e despois dunha pequena pausa e dun café, os asistentes repartímonos en diferentes aulas onde se expoñían traballos de centros escolares galegos que teñen traballado co cine (entre eles o Fernando Esquío de Neda, veciños nosos) ou coa banda deseñada nas súas actividades de creación literaria. Asimesmo Kiko Da Silva, ilustrador galego, impartiu un obradoiro sobre "A banda deseñada na colección da biblioteca escolar.
Xa pola tarde reuníronse os representantes das bibliotecas por zonas (nós coa zona de Ferrolterra) para intercambiar experiencias dos nosos centros, aportar novas ideas e/ou suxerir traballos colaborativos.
E como guinda do pastel, e para pechar estes encontros contamos coa marabillosa visita de Xosé Neira Vilas, autor do primeiro best seller da literatura galega polo número de edicións e traduccións coas que conta "Memorias dun neno labrego".

Foi todo un privilexio poder velo e escoitalo, emocionarse e rir co seu relato.
Marchamos cun moi bo sabor de boca, e pensando nos encontros do próximo ano.
martes
MÚSICA NA BIBLIOTECA
O xoves 14 de abril disfrutamos dun CONCERTO DIDÁCTICO a cargo do QUINTETO PONTICELLO( en realidade quedaron en cuarteto xa que un dos violíns non puido asistir por ter unha lesión)
Sabela Hughes (violín), Saúl García (viola), Andrea Trillo (violoncello) e Laura Garrido (contrabaixo) interpretaron "A música nocturna de Madrid. Quintetino" de Boccherini.
Aprendimos que Boccherini compuxo esta música cando viviu en España para tocar cunha familia coa que tiña amizade. Trátase dunha peza que describe o ambiente da época en Madrid: campás, tambores, música relixiosa (rosario) e tamén festiva.

Amosáronnos as diferencias de forma, tamaño e son dos instrumentos do cuarteto, e aprendimos curiosidades como que as pezas que os compoñen son pegadas cunha cola especial fabricada coa cocedura de ósos dos xeonllos de cordeiros; que as cerdas dos arcos son de cola de cabalo macho ( xa que as femias mollan a súa cola con ouriños o que as fai inservibles) e que nun principio as cordas dos instrumentos fabricábanse con tripa de animais...
Sorprendeunos a grande profesionalidade que os compoñentes do grupo amosaron tanto na interpretación musical como na transmisión de coñecementos, adaptándose extraordinariamente á idade do alumnado, e máis se temos en conta que as súas idades están entre os 15 e os 19 anos e que estudan 1º, 2º e 4º de grao profesional no conservatorio Xan Viaño de Ferrol.
Teñen ademais un enorme mérito xa que a constitución do cuarteto, a elección da obra, os ensaios da mesma así como a preparación do concerto didáctico correu a cargo dos compoñentes do grupo, adicando horas fóra do horario de clases.
Disfrutamos co seu concerto, e "os Ponticello" tamén disfrutaron achegándose aos nenos e nenas do Centro.
Seguro que nos volveremos ver.
Nestes vídeos podedes ver que ben o fixeron.
Nestes vídeos podedes ver que ben o fixeron.
Entroido 2011
ENTROIDO 2011
O Equipo de Normalización Lingüística do Centro en colaboración coa Biblioteca puxo en marcha un ano máis a recollida e elaboración de receitas de postres típicos destas datas.Así, todos aqueles alumnos e alumnas que quixeron participar trouxeron unha receita escrita, comprometéndose a traer o postre elaborado o xoves do Entroido escolar.
Todo o alumnado participante recibiu un agasallo que consistiu nun fermoso pano de cociña co noso "Pulpi" ( mascota da biblioteca) vestido de cociñeiro. Durante o xoves e o venres toda a comunidade educativa degustou os postres elaborados: alumnado, pais, nais, profes, conserxe, limpadoras... E aínda que estaban exquisitos e que todos e todas dimos mostras dun "bo dente" sobrou bastante comida que foi doada ao asilo de anciáns de Pontedeume onde de seguro souberon apreciar as artes culinarias dos nosos nenos e nenas.
Coas receitas recollidas eleboraremos un libro de "Postres do Entroido" que xa o quixera o Arguiñano para sí.
Manterémosvos informados.
De momento podedes ver "a boa pinta" que tiñan estes doces.
mércores
martes
Na semana do Entroido...
ENTROIDO 2011
PARA IR QUENTANDO MOTORES
NO ENTROIDO DESTE ANO
CADA DÍA DA SEMANA
A MASCOTA DA NOSA BIBLIO
É DICIR, PULPI “O FERMOSO”,
CADA DÍA MANDARÁ
UN MANDADO MOI GRACIOSO.
O LUNS É O DÍA
NO QUE A SEMANA COMENZA
E ESE DÍA HAS POÑER
“UNHA COUSA” NA CABEZA.
BUSCA A PULPI NA ENTRADA
E LENDO O SEU CARTEL
SABERÁS CADA DÍA
O QUE DEBERÁS TRAER.
luns
mércores
14 DE FEBREIRO. SAN VALENTÍN
Como en anos anteriores, na entrada do Colexio puxemos o buzón onde deixar as cartas de amor e/ou amizade.
Asimesmo nas aulas tiñamos os papeis deseñados para as cartas, que este ano tiñan como motivo decorativo este Cupido tan encantador.
E por fín chegou o día tan esperado.
Xuntámonos na biblioteca, esperando o reparto das cartas, que correu a cargo dun carteiro moi especial.
Había cartas para todas e para todos. ¡Ata para o novo conserxe!
Este cupido fai marabillas, ¿a que si?
¡Mirade, mirade que espectación!
A HORA DO CONTO
A edición de "A hora do conto" desta semana de San Valentín foi, por suposto, especial.
Icía, de 3º leu a historia de "FONCHITO Y LA LUNA" do escritor gañador do último premio Nobel de literatura: Mario Vargas LLosa.
Fonchito está namorado de Nereida, unha compañeira do colexio. Un día...
Nesta historia aprendimos que ás veces por amor somos capaces de facer cousas que semellan imposibles... mesmo baixar a Lúa.
Trátase dunha fermosa historia e dunhas marabillosas ilustracións de Marta Chicote Juíz.

"AS NOSAS HISTORIAS DE AMOR"
Pareceunos interesante "escribir" un libro colectivo, formado por historias de amor da xente cercana ao noso alumnado.
Para facelo posible os alumnos entrevistaron a alguén próximo a eles (pais, avós, irmáns, tíos, veciños...) de acordo a unhas preguntas predeterminadas. Debían tomar nota das respostas para así poder redactar a historia de amor de xeito definitivo.
Historia a historia nacerá un fermoso libro, que pasará a formar parte dos fondos da nosa biblioteca e de seguro que será dos máis solicitados.
¡Xa vos contaremos o final!
PALABRAS DE AMOR
DÍA DOS NAMORADOS
Fixemos un fermoso mural cheo de palabras relaccionadas co amor.
Cada neno e cada nena da escola escolleu a palabra que máis lle gustou.
Empezaron os máis pequeniños e a lista das palabras escollidas ía pasando de clase en clase para evitar repeticións.
Despois cada un escribiu e decorou a súa palabra nuns papeis especiais.
Finalmente pegáronse no "mural base": dous enormes corazóns vermellos.

AS NOSAS MENSAXES DE PAZ
A PAZ EN IDIOMAS
En 3º e 4º de Primaria investigaron como se escribe PAZ en outros idiomas do mundo.
Co resultado da súa investigación elaboraron un bonito cartel.
A que quedou ben?
Co resultado da súa investigación elaboraron un bonito cartel.
A que quedou ben?
xoves
O ARCO DA PAZ
Este ano, no Día da Paz, o alumnado de Educación Infantil e o de 1º e 2º de Educación Primaria elaboraron un fermoso mural.
Asimesmo aprenderon e recitaron unha poesía onde contaban como o fixeran.
Nesta presentación podedes ver o resultado.
Vai acompañado dunha das máis fermosas cancións da historia do Jazz. (Louis Amstrong, "What a wonderful world")
¡Noraboa por tan fermoso traballo!
(Clica cada vez que queiras avanzar de diapositiva)

O NOSO GUERNICA
Este ano, para conmemorar o Día da Paz, o 2º e máis o 3º ciclo de Primaria traballaron o Guernica, famoso cadro do pintor andaluz Pablo Picasso. Para iso dividimos o cadro en 32 fragmentos e cada alumno pintou a parte que lle correspondía. Para facer máis noso o cadro, decidimos darlle personalidade utilizando cores diferentes ás orixinais. Deste xeito o alumnado entendeu e percibiu máis de cerca as distintas figuras que o autor representou no cadro. E aquí temos a mostra de como foi a súa elaboración e posterior resultado. Noraboa!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)