sábado

HORA DE LER. LECTURAS COMPARTIDAS

Durante todo o curso, os mércores, na Hora de Ler, algún grupo de alumnas e alumnos de 6º lía contos ás nenas e nenos de E. Infantil na biblioteca.
En 6º organizaban os grupos e as quendas, e seleccionaban as lecturas, que preparaban axeitadamente para ser contadas aos pequenos e pequenas.
E algunha vez..., se sobraba tempo, foron "@s pequech@s" @s que contaban o conto aos/ás maiores.
Nin que dicir ten que as nenas e nenos de E. Infantil acudían á cita con moita alegría, xa que lles gusta moito que "os maiores" lles fagan caso.
E así ao longo do curso fomos recompilando unha chea de fotos, que non recollen todos os momentos máxicos (porque non está a cámara todo o tempo disparando), pero si que captou algúns que amosan o "especial" destes encontros. (NOn están todos os que son, pero son todos os que están)
E para que non se nos perdan e para podelos recordar sempre.... fixemos este vídeo.
Con moito cariño para os protagonistas desta historia.



No hay comentarios:

Publicar un comentario