Con motivo da celebración do Día do libro, aproveitamos para inaugurar a nosa radio escolar: RADIOFRANZA.
Se clicades na seguinte imaxe, poderedes escoitar o podcast do alumnado de 3º e 4º de E.P donde contan cales son os seus libros favoritos.
Con motivo da celebración do Día do libro, aproveitamos para inaugurar a nosa radio escolar: RADIOFRANZA.
Se clicades na seguinte imaxe, poderedes escoitar o podcast do alumnado de 3º e 4º de E.P donde contan cales son os seus libros favoritos.
O pasado 2 de abril celebramos no noso cole, unha data moi especial: O día Mundial de Concienciación sobre o Autismo.
O día estivo organizado en varias actividades, nas que tanto o alumnado, como o profesorado, puidemos compartir e reflexionar sobre dito trastorno.
En primeiro lugar,na nosa biblioteca vimos e reflexionamos sobre Que é o autismo? En que se caracterizan as persoas que teñen autismo, Que necesitan as persoas con autismo? etc...
Deixamosvos aquí o Genially que utilizamos para levar a cabo dita actividade.
A semana do 15 ao 21 de Marzo, a profe Thais, participou nunha mobilidade Erasmus dentro da acreditación 2024, a Udine, Italia, na que, xunto con outros 7 compañeir@s, doutros centros da contorna, tivo a oportunidade de participar nun curso de Convivencia, Benestar e Achegamento holístico á Aprendizaxe Interxeracional.
Durante cinco días afondáronse en cuestións como a creación de ambientes de aprendizaxe inclusiva e participaron en obradoiros orientados a estimulación da curiosidade e da creatividade e do benestar físico e mental.
Ademais, participamos no Encontro Internacional Erasmus+ en Ferrol onde tivemos a oportunidade de mostrar todo o acontecido nesa semana.
Unha mostra de todo isto é a seguinte presentación: