luns

CONGRESO DE INNOVACIÓN NA FORMACIÓN PROFESIONAL (FP INNOVA)

 O venres 28 de marzo, o alumnado de 5º e 6º achegouse á Cidade da Cultura de Santiago para participar no Congreso de Inovación na Formación Profesional (FP Innova), onde tiveron a ocasión de descubrir unha gran variedade de oficios relacionados coa innovación tecnolóxica, que ofrecían os diversos "stands"


Entre as actividades que puideron realizar, destacan os talleres de papiroflexias, arte floral ou impresión de chapas. 

Ademáis experimentamos co PH dos alimentos, construiron unha cadea de ADN e navegaron pola ría da Coruña a travás de gafas de realidades virtual, entre outras cousas...









venres

CHARLA DA ESCOLA GALEGA DE CONSUMO

O pasado 26 de marzo, con motivo da Celebración do Día Mundial das Persoas Consumidoras, recibimos na nosa biblioteca, a Escola Galega de Consumo. 

O alumnado de todo o cole, distribuidos en dous talleres desfrutamos dunha charla e realizamos unhas actividades de concienciación sobre o consumo responsable.

 Aquí vos deixamos unha mostra deste día:








mércores

PROXECTO: OS POLBOS (VISITA A COFRADÍA DE BARALLOBRE)

Dentro do noso proxecto sobre "Os Polbos", enmarcamos unha saída e visita a unha cofradía de mariscadores, A Cofradía de Barallobre.


Fomos invitados pur unha familia dun alumno do centro, na que o pai traballa de mariscador alí. 

hai que dicir que nos sentimos moi agradecidos pola colaboración e aportación sempre que fan as nosas familias. 

Xa nas instalacións o biólogo fixo un traballo estupendo co alumnado, explicando e acalarando moita información sobre os Polbos e os seus "amig@s" acuáticos, como as ameixas, os mexillóns, as vieiras, zamburiñas, volandeiras e múltiples especies máis de moluscos, crustáceos e peixes etc...

Ademais, puidemos partitipar acalarando moitas das dúbidas que tiñamos, dímoslle de comer a algún crustáceo como as nécoras e puidemos ata tocar un melgacho, que é unha especie de tiburón.






martes

VISITA DA FOODTRUCK: GALICIA SABE A MAR

Con motivo do noso proxecto anual de centro, "Operación H2O", solicitamos a visita dunha foodtruck, dentro dun proxecto da Consellería de Pesca, "Galicia Sabe a Mar", que permitiu achegarnos un pouco máis aos nosos produtos pesqueiros, 

Cunha pequena charla sobre distintas especies mariñas, recibimos información de curiosidades e medidas que hai que cumprir para unha pesca con carácter sostible e ecolóxico

Rematamos a xornada cunha degustación de tres petiscos eleborados con estas especies.  









luns

DÍA MUNDIAL DA AUGA

O día 22 de marzo celebramos o Día Mundial da agua, este ano para nós, é un día, se cabe, máis especial, pois o noso proxecto de centro xira arredor da Auga: Operación H2O, que ten como obxectivo principal, o de concienciar nun uso responsable e respetuoso deste ben común e escaso. 

Para traballar, organizamos unha actividade de búsqueda de información relacionando libros da nosa biblioteca sobre a Auga.

A tarefa consistía en averiguar cales das mensaxes eran verdadeiras ou non. As frases estaban divididas por dificultade e cada nivel tiña unha cor diferente. 

Traballamos en pequeno grupo cos compañeiros de aula.




8M: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

 Nesta data, donde seguimos a revindicar que segue existindo unha situación de desigualdade de xénero, quixemos traballar, concienciando ao noso alumnado a través de varias actividades.

Durante toda a semana as cancións de Pauliña, serviron como fío para tratar este tema e darlle visibilidade, o que rematou cunha xornada de celebración e cooperación no CEIP Plurilingüe Unión Mugardesa, donde esta autora cantou para toda a comunidade educativa. 

Alí en varias sesións todos os nenos e nenas, mesturados nos ciclos, gozamos da música e do baile. 

Asimesmo, fixéronse actividades diversas, xogos, un programa de radio e unha merenda conxunta.

Rematamos cun manifesto lido por varias alumnas de 6º de E.P donde se deixou notar que tod@s estamos a loitar polo mesmo.



Xa no noso centro, despois de facer certos traballos en educación artística, elaboramos esta foto "collage" para apoiar a causa.



venres

SEMANA DE ENTROIDO

 Aquí vos deixamos un video de resumo sobre a semana de Entroido no noso cole.

Pasámolo en grande!!


ENTROIDO de Thais Amenedo