luns

DÍA DE ROSALIA DE CASTRO

Sabíades que é posible que Rosalía de Castro estivera na festa do Seixo?

A Asociación Cultural Apelón Educación recolle na súa web unha actividade titulada, "Rosalía na beira do mar", a cal consiste nun roteiro polo Seixo, baseado no poema da poetisa "Si vernos, Marica..."

Como homenaxe a escritora, polo día de Rosalía de Castro, o noso centro tivo o pracer de realizar dito roteiro, seguindo os pasos da escritora na súa visita ao Seixo . Acompañáronnos varios membros da Asociación Apelón Educación e un pequeno grupo de gaiteiros/as.

Un resumo do ben que o pasamos está recollido na seguinte presentación.

ROSALíA NA BEIRA DO MAR de Thais Amenedo

Animámosvos a que visitedes a web da Asociación Apelón para saber máis sobre a visita de Rosalía no Seixo

venres

DÍA DA PAZ: CARREIRA SOLIDARIA

Un ano máis, nesta data, quixemos axudar e colaborar coa ONG Save The Children, sempre fomentando a convivencia e desenvolvendo valores de solidariedade a través do deporte e a actividade física.

Para iso, fixemos na pista exterior do cole, unha carreira solidaria xunto coa colaboración das familias, pois son as que patrocinaban @s corredor@s, a todo o alumnado. 

As súas aportacións cos patrocinios, van dirixidas a un programa solidario chamado "Kilómetros de Solidaridad", dentro da "21ª Edición de la Carrera Escolar Solidaria"

Aqui tedes unha pequena mostra de ese día. 







xoves

30 DE XANEIRO: DÍA DA ILUSTRACIÓN

Para celebrar este día, dende a Biblioteca organizamos un obradoiro, donde o alumnado en pequenos grupos cooperativos e con idades mesturadas, elaborou uns carteis para o día da Paz, empregando uns modelos do Ilustrador Xosé Vizoso, homenaxeado este ano como un dos artistas gráficos máis importantes da Galicia recente.

Quixemos facer partícipe ao alumnado da importancia da imaxe non só como acompañamento do texto escrito, senón o valor que ten e sí mesma.








martes

LECTURA E CANCIÓN POLA PAZ

Para o día da Paz, dende a Biblioteca invitamos á lectura dun libro moi especial "O Principio". Aínda que a día de hoxe, se segue a falar de moitas guerras, é necesario seguir pedindo Paz e unha vida digna para moitas familias. 

Nesta lectura de Paula Carballeira os nen@s poden reflexionar e quedar cunha mensaxe de ESPERANZA

Este é o enlace ao video "O PRINCIPIO" coas imaxes de Sonja Danowski e con música do que todo o centro disfrutou.

Finalizamos o día cantando a Canción "Campás pola Paz", no que aprendimos un retrouso moi especial en LSE.

Aqui tedes a nosa actuación.




DECORACIÓN PARA O DÍA DA PAZ

Unha das moitas actividades levadas a cabo polo Día da Paz, na nosa biblioteca, foi a eleboración do Simbolo da Paz de forma conxunta entre todo o alumnado do centro. 

Previamente, os nen@s de E.I fixeron a clasificación de tapóns por cores en diferentes gabetas.


Despois, na nosa Biblioteca, distribuidos en pequenos grupos, colocámolos formando o Símbolo da Paz. 

Este foi o resultado:



O Simbolo formou parte de outras actividades como, a Carreira Solidaria ou a decoración da entrada, formando parte da exposición de libros de lectura sobre A Paz.





luns

SAÍDA Á CASA DAS CIENCIAS - A CORUÑA

O pasado 30 de xaneiro tivemos a sorte de ir de visita á Casa das Ciencias na Coruña. 


Visitamos ao Planetario no que puidemos viaxar no espazo e no tempo grazas aos seus proxectores dixitais que reproducen a noite estrelada de Galicia para descubrir todos os astros (estrelas, planetas...) que se poden observar a primeira ollada.


No resto de instalacións da Casa da Cienciais, puidemos ver e xogar con todos os sistemas de péndulos e ver a gran incubadora de pitiños.


Unha mostra disto a podedes ver na seguinte presentación:

A casa das ciencias de biblioteca franza