xoves

RECOMENDACIÓNS DE LECTURAS, MÚSICA E XOGOS

 Un ano máis deixámosvos aquí as nosas recomendacións de lecturas para o verán, ademais dalgunha suxerencia de xogos e música para disfrutar en familia ou amigos.

Como cada ano escollemos o mellor do mellor e o máis suxerente da oferta editorial para cada idade e intentando que os libros que vos suxerimos sexan deses que vale a pena "ter en propiedade" formando parte da biblioteca da casa. Pequenos-grandes tesouros.

Agardamos que vos gusten!

Feliz verán!


EXCURSIÓN FIN DE CURSO

 No seguinte video, vos mostramos o ben que o pasamos na excursión de fin de curso ao Muiño de Pedroso. 

Esperamos que vos guste!

Feliz verán!!


Excursión fin de curso de Thais Amenedo

mércores

MÁQUINAS SIMPLES

 O alumnado de 3º e 4º de E.P aprenderon moito sobre as máquinas simples e o seu funcionamento. 

Aquí vos deixamos unha mostra de todas as maquetas, feitas por eles mesmos, nas que reflexan moi ben todo o que aprenderon.



Máquinas Simples de Begoña

xoves

PFPP: LIÑA DE TRABALLO SOBRE TEA. PRÁCTICAS INCLUSIVAS.

 Este curso, unha das liñas do Plan de Formación Permanente do Profesorado do noso centro, centrouse na formación dos docentes para levar a cabo unha mellor atención e inclusión do alumnado TEA. 

Aqui vos deixamos unha mostra de todo o traballo elaborado durante o curso.


PROXECTO: OPERACIÓN H2O (RETOS NO TABOLEIRO)

 O proxecto do centro deste curso ten como contido vertebrador A auga e de aí o seu título: Operación H2O

Partindo do lema “Auga para a PAZ”, plantexamos trimestralmente pequenas cuestións ou retos relacionadas con información sobre a auga e o seu consumo responsable ,para que o alumnado dos distintos ciclos, en pequeno grupo ou de mameira individual fose buscando a resposta das cuestións que aparecian no taboleiro do vestíbulo.

Consultaron distintas páxinas web como:

Esto permitiunos afondar mais no tema deste curso, sobre o consumo responsable da auga, asi como favorecer o traballo cooperativo e inclusivo.


mércores

PROXECTO:OS POLBOS (KAHOOT)

 Dentro do proxecto dos polbos o alumnado do terceiro ciclo, elaborou un kahoot para coñecer máis sobre estos magnifícos animais.

Se queredes probar os vosos coñecementos clica no seguinte enlace:

https://kahoot.it/challenge/07129343?challenge-id=942b306e-0612-431e-90f7-38fea7ebf622_1749025349084


Espero que teñades moitos acertos!

martes

ERASMUS+ : LECTURA E OBRADOIRO DE CREATIVIDADE (CONTO SULLA COLLINA)

 Outra das actividades que trouxo a profe Thais, cando viaxou a Italia, nunha mobilidade de Erasmus+ foi a lectura do conto italiano "Sulla Collina", dos autores Linda Sarah e Benji Davies.

Aquí vos deixamos o video do conto por se o queredes escoitar de novo.

 

A partir desta lectura, levouse a cabo un Obradoiro de reciclaxe e creatividade con caixas de cartón e material de refugallo diverso... onde o alumnado de 1º. 2º e 3º de E.P, distribuidos en pequenos grupos, puido mostrar toda a súa imaxinación e creatividade nesta actividade.

Aquí vos deixamos unha mostra, do que desfrutaron facendo esta actividade:
 









 


ACTIVIDADES SENSORIAIS (MESA DE LUZ)

 Na aula de A.L, este curso, traballamos dunha forma máis sensorial e lúdica. 

Aquí vos deixamos unha mostra das actividades de iniciación a lectoescritura, de numeración, de conteo, de atención e lóxica, de conceptos básicos como as cores, os tamaños etc.. levadas a cabo na mesa de luz. 



domingo

PLAN DIXITAL: ACTIVIDADES DE PENSAMENTO COMPUTACIONAL

Un dos obxectivos do Plan dixital do centro é "Fomentar o traballo do pensamento computacional na etapa de E.P, compartindo as practicas realizadas coas familias", debido a isto, en todos los ciclos de EP, leváronse a cabo diferentes actividades para favorecer o pensamento computacional do noso alumnado. 

Unha mostra disto a podedes ver nas seguintes fotos:














PROXECTO: OPERACIÓN H2O (POZO DE LEGO)

Na materia de Proxecto Competencial, relacionado co Proxecto do centro: Operación H2O, o alumnado de 2º ciclo, construíron con Lego un Pozo para extraer auga. Menudos artistas! 

Aqui tedes unha mostra do resultado:







PROXECTO: OPERACIÓN H2O (BRAZOS HIDRÁULICOS)

 Dentro da materia de Proxecto Competencial, relacionado co Proxecto do centro: Operación H2O, lanzouse ao alumnado de 3º ciclo, o reto de elaborar dous brazos hidráulicos. 

Traballaron de forma cooperativa en pequeno grupo, adicándolle moito esforzo e moito traballo, aquí vos mostramos o resultado:







RETOS NA BIBLIOTECA

 Ao longo de todo o curso, na Biblioteca do cole, o alumnado realizou diferentes actividades co material de Polos creativos coma o Kapla, Engranaxes, Imáns, Legos, etc.

De forma voluntaria ou en pequenos grupos, o alumnado resolveu diferentes retos durante o tempo do recreo.









PROXECTO: OS POLBOS (LAPBOOK)

 Dentro do proxecto: Os polbos, o alumnado de 1º ciclo realizou un traballo en forma de Lapbook, sobre a súa localidade, facendo fincapé nas súas tradicións, festas...


Os mapas deste lapbook, foron cortados coa cortadora láser, facendo un deles como un puzzle coas provincias.