martes

Visita do Elfo polo Nadal

 No primeiro ciclo de Educación Primaria, tivemos a visita do elfo (Chispas) polo mes de decembro.

Aquí vos deixamos unha presentación con todas as actividades, retos e trasnadas que o alumnado de 1º e 2º tivo que resolver.

UN ELFO de Moni

luns

FESTA DE NADAL

 O 20 de decembro, celebramos no cole a nosa festa de Nadal. 

A mañá comezaba coa visita de papá Noel, despois merendamos chocolate con churros e por último fixemos o noso pequeno festival, tendo como público a nosas familias.

Unha mostra disto vese reflexada na seguinte presentación:


Festa de Nadal de Thais Amenedo

xoves

RECOMENDACIÓNS DE NADAL

 Un ano máis publicamos as nosas recomendacións de lectura (e xogo) para este Nadal.

Aínda que cada alumn@ as levou en papel, deixámolas aqupor se queredes compartilas con alguén ou extraviades o papel.

Recordade que un libro sempre é un dos mellores regalos , sexa cal secxa a época do ano ou a ocasión.

Xa sabedes que facemos unha coidada escolla, e recomendamos sabendo a calidade do seleccionado. "Libros tesouro", deses que nunca perden o seu valor e que a súa lectura traerenos sabiduría, paz e felicidade.

Agardamos que a nosa selección tamén sexa do voso agrado


luns

O sistema Solar

 Os nen@s de cuarto de E.p fixeron uns traballos estupendos dalgúns planetas do Sistema Solar.

Buscamos información en distintos libros da biblioteca e intentamos responder a moitas preguntas e curiosidades.

Con toda esa información fixeron uns Lapbooks e expuxeron o traballo aos seus compañeir@s.

sistema solar de Begoña