luns

CULTURA XERAL NA BIBLIOTECA

 Nesta presentación recollemos algunhas das actividades realizadas polo alumnado do segundo e terceiro ciclo de Primaria arredor da cultura xeral.

A través dun xogo dinámico e participativo, os nenos e nenas puxeron a proba os seus coñecementos sobre música, edificios e monumentos emblemáticos como a Alhambra ou a Sagrada Familia, así como sobre obras pictóricas e outros elementos culturais de interese.

Cada grupo foi sumando puntos a medida que resolvía as diferentes cuestións propostas, fomentando así o traballo en equipo, a motivación e a aprendizaxe compartida. A actividade desenvolveuse na biblioteca do centro, convertendo este espazo nun lugar de encontro, descubrimento e diversión, onde aprender resultou máis lúdico, ameno e distendido.







venres

EXPLORADORES DO MUNDO: UNHA VIAXE A TRAVÉS DAS CARTAS

 

Exploradores do mundo: Unha viaxe a través das cartas en 3º e 4º

TRABALLANDO POLA INCLUSIÓN

 Dende o mes de novembro, debido a gran presenza de alumnado con neae que hai no centro, añadiuse unha terceira zona de recreo para favorecer a inclusión de todo o alumnado e así aproveitar ao máximo os espazos do centro. 

Cada día da semana o alumnado tiña unha proposta nun espazo diferente do centro ao cal podería acceder de forma voluntaria.

Durante todo o curso realizouse un seguemento das zonas e das propostas para, no caso de ser necesario, poder facer as modificaciones pertinentes.

Ao longo do curso e coa chegada do bo tempo, algunhas das zonas modificáronse e realizáronse outras propostas como a zona de horto escolar e mini competicións deportivas.

Aquí vos deixamos unha mostra do ben que o pasaron e de todo no que participaron.

traballando pola inclusión

"IMAXINARTE": O NOSO PROXECTO DE CENTRO


 Ao longo deste curso, o noso Proxecto de Centro que leva por titulo "IMAXINARTE" permitiunos achegarnos ao fascinante mundo da arte a través dun percorrido polas Sete Belas Artes (pintura, literatura, arquitectura, escultura, música, danza e cine) da man de grandes artistas de diferentes épocas e estilos. 

O alumnado de todas as idades participou activamente nesta iniciativa, investigando, descubrindo e creando inspiracións baseadas en artistas tan recoñecidos como Gaudí, Kandinsky, Picasso,(galegos como Leandro Lamas, Castelao),Van Gogh etc...

Cada grupo achegou a súa visión persoal e creativa, elaborando traballos moi variados que DESDE as clases de plástica e traballos feitos para distintas datas significativas como o entroido, día de rosalía... reflicten tanto o coñecemento adquirido como o esforzo e a ilusión postos en cada actividade. 

O resultado deste traballo colectivo é unha gran exposición artística distribuída por distintos espazos do centro, convertendo os corredores e aulas nun auténtico museo cheo de cor, creatividade e aprendizaxe.

Na última semana de clase, as familias terán a oportunidade de visitar esta exposición e coñecer de preto as obras realizadas polo alumnado. Ademais, os alumnos e alumnas de sexto de Educación Primaria asumirán o papel de guías, acompañando aos visitantes durante o percorrido e explicando os diferentes traballos e artistas que inspiraron cada creación e unha actuación final moi especial.

Será unha ocasión moi especial para compartir coa comunidade educativa todo o aprendido durante este curso e para celebrar, xuntos, o valor da arte como ferramenta de expresión, coñecemento e convivencia.









mércores

Un reto cheo de enxeño: máquinas, inventores e moita diversión.

 O alumnado de segundo e terceiro ciclo de Educación Primaria participou nunha emocionante actividade na que tiveron que poñer a proba o seu enxeño, a súa capacidade de traballo en equipo e todos os coñecementos adquiridos sobre máquinas e inventores.

Ao longo da presentación, os diferentes grupos tiveron que superar distintas probas, retos e enigmas relacionados co mundo dos inventos, os descubrimentos e os grandes inventores da historia. Cada desafío resolto permitíalles conseguir unha pista imprescindible para descubrir o código numérico final.

O obxectivo era lograr abrir o candado que gardaba o reto final. Para iso, cada equipo debía colaborar, pensar con rapidez e resolver correctamente todas as actividades propostas.

A emoción estivo presente en todo momento, xa que o primeiro grupo en conseguir descifrar o código e abrir o candado proclamouse gañador da actividade.

Foi unha experiencia moi divertida e motivadora, na que o alumnado aprendeu dunha maneira dinámica e participativa, demostrando que aprender tamén pode converterse nunha gran aventura.

venres

RADIOFRANZA: ENTREVISTA A MARÍA E ÁGATA (MÉDICA E ENFERMEIRA)








 

17 DE MAIO: DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Na nosa biblioteca celebramos con moita ilusión o Día das Letras Galegas 2026, dedicado este ano a Begoña Caamaño. 

Foi unha xornada chea de aprendizaxe, compañeirismo e orgullo pola nosa lingua galega.

O alumnado participou nunha divertida "gymkana" organizada polos corredores do colexio. Os nenos e nenas, divididos en grupos formados por alumnado de distintos cursos, tiveron que buscar información nos carteis e cadros colocados polos pasillos sobre a vida e obra da autora homenaxeada. Grazas ao traballo en equipo e á súa capacidade de investigación, foron resolvendo os diferentes retos e preguntas propostas.




Ao rematar a actividade, reunímonos todos na biblioteca para compartir o aprendido. Como premio á actividade o alumnado recibiu un agasallo moi especial, un lapis que só escribe en galego. 

Despois gozamos dunha actividade moi especial preparada polo alumnado de terceiro e cuarto curso. Os rapaces e rapazas representaron unha posible entrevista a Begoña Caamaño, achegándonos dunha maneira creativa e amena á súa figura e ao seu legado literario.



Para poñer o broche final á celebración, todo o alumnado participou cantando a canción de Begoñísima, dedicada á autora, enchendo a biblioteca de música, emoción.

Foi unha mañá inesquecible na que aprendemos, colaboramos e celebramos xuntos a riqueza da nosa cultura.

Feliz día das Letras Galegas

luns

15 DE MAIO: FESTA DOS MAIOS

Despois de varias datas programadas xa que o tempo non acompañou, o pasado 15 de maio, celebramos no cole, a Festa dos Maios. 

Foi unha xornada moi alegre e familiar, chea de cor, de baile e de música tradicional. 

Na seguinte presentación mostrámosvos o ben que o pasamos. 

os maios

Esta festa non sería posible sen a axuda de todas as familias e da Asociación Cultural Apeloneducacion, que nos agasallou coa merenda. Coma sempre, GRAZAS. 

sábado

23 ABRIL: DÍA DO LIBRO

 O pasado 23 de abril, coincidindo coa celebración do Día do Libro, no noso centro quixemos darlle un significado especial ao momento lector que cada día forma parte da nosa rutina escolar.

Nesta ocasión, o alumnado de cursos superiores converteuse en padriños e madriñas lectoras dos máis pequenos, creando unha experiencia única arredor dos libros e da lectura compartida. Cada padriño/madriña escolleu con agarimo un conto para ler ao seu afillado ou afillada, asumindo a responsabilidade de transmitir non só unha historia, senón tamén o gusto polos libros.

A actividade desenvolveuse durante a hora habitual de lectura, pero cunha organización diferente e moi especial. As parellas lectoras repartíronse por distintos recunchos do centro, transformando espazos cotiáns en escenarios cheos de imaxinación e complicidade: os sofás da biblioteca, algunhas aulas, a entrada do colexio, o recuncho de convivencia e mesmo o patio, onde os columpios serviron de improvisado lugar de lectura.

Foi unha xornada entrañable na que puidemos ver como a lectura une, crea vínculos e favorece a convivencia entre diferentes idades. Os máis pequenos escoitaban atentos, mentres que os maiores exercían o seu papel con responsabilidade e ilusión, converténdose en modelos lectores.

Sen dúbida, unha experiencia moi enriquecedora para todo o alumnado, que nos lembra a importancia de seguir fomentando o amor pola lectura e de crear momentos compartidos arredor dos libros.













Ademais, fixemos os nosos propios marcapáxinas para conmemorar este día e ter un toque artístico e con personalidade nos nosos momentos de lectura.