venres

FESTIVAL DE NADAL 2019

Deixamos aquí os vídeos das diferntes actuacións do festival para que as poidades disfrutar de novo.
Aparecen na mesma orde que no Festival.

Unha vez máis todas e todos tedes demostrado a vosa valía artística e disfrutado de construir en grupo algo fermoso e amosarllo aos demais.
PARABÉNS A TODO O ELENCO!!!!



PRESENTACIÓN DO FESTIVAL




TEATRO 4º PRIMARIA. OS XEGUETES ESQUECIDOS.




EDUCACIÓN INFANTIL




1º E 2º DE PRIMARIA




5º DE PRIMARIA






6º DE PRIMARIA TEATRO





4º DE PRIMARIA




6º PRIMARIA. PANXOLIÑA DE NADAL.




3º DE PRIMARIA.





COREOGRAFÍA 6º. CLICA NA IMAXE.





DESPEDIDA FESTIVAL


xoves

RECOMENDACIÓNS DE LECTURA POLO NADAL

Aínda que xa repartimos as nosas recomendacións en paepl, non poidadmos deixar de poñelas aquí.
Así que aí as tedes!!!





Bo Nadal e Felices Lecturas!!!

domingo

POR UNHA BIBLIOTECA INCLUSIVA

Dende a Consellería de Educación, e grazas ao traballo e esforzo da Asesoría de Bibliotecas Escolares, chegounos unha dotación económica especial para facer a nosa biblioteca aínda máis inclusiva do que xa é.
Trátase de que a biblioteca poida ser un "centro creativo de aprendizaxes e un espazo ao servizo da comunidade educativa onde teñen cabida todas e todos cada un cos seus ritmos, intereses e necesidades.

Aquí vos presentamos moito do material no que invertimos a dotación económica.
Agardamos que vos guste e vos ilusione tanto como a nós.




venres

VERO RILO. CONTOS POLA IGUALDADE. DECEMBRO 2019

O pasado 10 de decembro disfrutamos dunha sesión especial de contacontos a cargo de Vero Rilo.
o propósito desta sesión era traballar e afondar no tema da igualdade.
Ela chegou cargada co seu material. Unha selección marabillosa de contos cos que ía traballar nas dúas sesións que ofreceu ademáis de obxectos diversos que axudan a que o material (xa de por sí selecto) luza máis no espazo.
Ademais colocou o mobiliario ao seu gusto e con moi bo gusto. Así conseguía unha proximidade e unha afectividade maior.
Gustoulle moito a nosa biblio e estaba encantada de vir, xa que ela púxose de nome artístico Rilo, porque xustamente é de Rilo. Este é o cole dos nenos e nenas de Rilo. Este é o cole de Vero.
E despois da súa visita aínda o é máis xa que nomeámola dende aquí MEMBRO HONORÍFICO DA NOSA ESCOLA.
Moitas grazas Vero! Ata a próxima!


 

luns

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

O pasado 3 de decembro conmemoramos no cole o "Día Internacional das Persoas con Discapacidade".
Ademais dun fermoso mural instalado no corredor da planta baixa (xentilezs da profe Vanesa), o Equipo de Orientación impartiu unha charla na biblioteca para sensibilizar e educar sobre a Discapacidade.



Nunha primeira parte traballouse sobre o tema con alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria.
Partindo das ideas que o alumnado tiña da Discapacidade (e hai que dicir que algunhas moi acertadas, como indicar que tod@s tiñamos algunha) e a importancia da linguaxe que usamos para referirnos ás diversidades,a valorar as destrezas e capacidades de cada quen e a non minusvalorar a ninguén en ningunha situación.
Logo se centrou o tema en cómo podemos axudar ás persoas que teñen algún problema, porque non sempre sabemos facelo ou o facemos mal. Para iso se visionou este víde da Fundación Prevent.






Apendimos que a normalidade é o mellor para axudar ás persoas con Discapacidade.
A Discapacidade non implica Incapacidade, por iso o trato ao que teñen dereito as persoas con discapacidade é o mesmo que o de calquera outra persoa, sen compaixón, sen paternalismos. Con naturalidade e respecto.






Na segunda parte o alumnado de 1º e 2º representou o conto "Por cuatro esquinitas de nada"  para E. Infantil, mentres a profe Mónica o leía. Fixérono bárbaro e o pasaron moi ben. E aprenderon que sempre hai unha maneira de que tod@s teñan o seu lugar.






EDUCANDO EN IGUALDADE CON MARGARIDA CORRAL

O pasado 28 de novembro tivemos a sorte de contar na biblioteca do cole con Margarida Corral, socióloga e especialista en Muller e Igualdade, para unha charla/obradoiro sobre a igualdade con motivo da celebración do 25 de novembro.

Da súa man e dun xeito ameno e lúdico profundizamos no tema, identificando situacións e conductas de desigualdade, tanto no mundo como ao noso redor, tanto nas accións dos governos como nas cotiás, tanto n@s adult@s como na infancia.

Gustounos moito a charla e a Marga sorprendeulle moi positivamente o que sobre o tema xa sabiamos.
Pulpi, a mascota da biblio, agasallouna cun libro, "O mundo en que vivín" de Ilse Losa, que agardamos fose do seu agrado.


domingo

OBRADOIRO DE HABILIDAES SOCIAIS



Ofertado polo Concello, segundo o convenio de colaboración que mantén coa asociación ASFEDRO,  o alumnado de 5º e 6º disfrutou dun obradoiro no que especialistas do tema, cunha metodoloxía activa e participativa, promoven conductas sociais colaborativas e de asertividade, dando así ferramentas que poden previr conductas de risco no que a adiccións diversas se refire.

                                             Imagen de Gerd Altmann en Pixabay 

venres

DÍA DOS DEREITOS DAS NENAS E NENOS DE 2019

Reunímonos na biblioteca para dar lectura a un fermoso libro  de Miguel Robledo, editado por Aira Editorial que nos trouxo a profe Pili dende Allariz.
 "Temos Dereitos" recórdanos (ou apréndenos) os dereitos que todas as nenas e nenos do mundo deben ter, axúdanos a reflexionar sobre os mesmos e a indignarnos porque sabemos que non todas as nenas e os nenos do mundo os disfrutan.
Vaia a nosa lectura para que ninguén pense que é inevitable que así sexa, porque non é verdade. E somos os adultos da man das nenas e nenos os que temos que loitar para que non haxa que reivindicar este día ano tras ano porque xa son algo normal en todo o planeta.




Aquí tedes o vídeo de presentación que a editorial ten na súa páxina web.

mércores

HORA DO CONTO NO 25 DE NOVEMBRO

Como todos os anos, no Día Internacional contra a Violencia de Xénero reunímonos na biblio para unha edición especial da "Hora do conto".

Nesta ocasión o libro escollido foi "Me llamo Pecas" de Raquel Díaz Reguera da Editorial Nubeocho.

Como é un deses títulos (coma tantos outros) que botamos en falta a súa edición en galego, a profe Susana traduciu o texto e a narración correu a cargo da profe Carmen.

"Pencas" non logra entender por qué no mundo que a rodea hai xogos de nenas e xogos de nenos, cores de nenas e cores de nenos, cortes de pelo de nenas e cortes de pelo de nenos, roupa, costumes... e ata contos!. Ela sempre pregunta, pero non atopa resposta porque non a hai.

Coa lectura desta historia comprendimos un pouco mellor que debemos respectar as nosas diferencias e non deixarnos encasillar no papel que se supón que debamos xogar de acordo a esteriotipos que ninguén sabe como se crearon, que nenas e nenos teñen exactamente os mesmos dereitos e que ninguén está por enriba dos demais.

Por certo, no libro en ningún momento queda aclarado se Pencas é unha nena ou un neno.











sábado

OBRADOIRO DE ROBÓTICA NA FUNDACIÓN BARRIÉ

O pasado día 20 o alumnado de 5º e 6º participaron nun Obradoiro de Robótica organizado pola Fundación Barrié de A Coruña.
Viñeron entusiasmad@s da experiencia.
Aprender a programar uns robots para que fagan determinadas accións, comprobar que o programado está ben e o robot responde, correxir os erros, reprogramar... e ata unha "batalla" de robots!!
Traballaron en grupos de tres para que tod@s tivesen oportunidade de experimentar e aprender.

Aquí tedes un pequeno vídeo da saída.



TEATRO NO CASINO DE MUGARDOS

Convidad@s polo concello de Mugardos, o alumnado de 5º e 6º acudiron á representación teatral de "O valo" a cargo da compañía "Pallasos en Rebeldía".



O Valo fala do encontro de dous mundos, dúas realidades, dúas consciencias encarnadas en dous personaxes ben distintos: O Soldadiño de Chumbo e Sahara, a rosa do deserto. Un encontro a ambos os dous lados dunha fronteira que non só separa a civilización do baleiro, senón que abre unha ferida no corazón da humanidade
(Extraído da web da compañía)

Baseada no libro do mesmo título, "O valo", de Carlos Labraña editado por Xerais e que tamén temos na biblioteca.



venres

LIBRO CON BOLSILLOS EN TERCEIRO

En Ciencias Naturais aprendimos a facer un "Libro con bolsillos" o que algúns deron en chamarlle "Lapbook" que traducido literalmente é Libro con solapas.

Para iso primeiro vimos moitos exemplos en internet, para ver as posibilidades que nos ofrecía e decidir como sería o noso.

Logo "estructuramos o tema", decidimos que partes eran importantes, que apartados íamos amosar, cómo iamos distribuír o espazo, que elementos (despregabres, figuras xeométricas, mecanismos,,) iamos a utilizar.

Repartimos o traballo por parellas que se encargaban de cada un dos apartdos.
Para a parte de atrás a profe imprimiu fotografías de animais vertebrados e invertebrados que cada un de nós trouxera escritos nunha lista. Entre tod@s separámolos en vertebrados e invertebrados e fomos cubrindo as súas principais características pola parte de atras.

Logo montámolo todo e este foi o resultado.





A que está chulo!

Pasará a formar parte dos fondos da biblioteca!!

mércores

EXPOSICIÓN DE CABAZAS POLO SAMAÍN 2019

Como sabedes, o tema común de traballo deste ano é "A horta" xa que Pulpi agasallounos con unha ben bonita a principio de curso.
De esta forma a exposición anual de cabazas que facedes nas casas tamén debería estar relacionada co tema anual.
E este foi o resultado das vosas aportacións sempre tan creativas e fermosas.

Moitas grazas a tod@s!!


martes

MERENDA DO MAGOSTO

Un ano máis a ANPA agasallounos cunha merenda de Magosto estupenda.
No menú: boliños preñados, leite e castañas asadas. E repartindo a merenda representantes de ANPA que desinteresadamente ofrecen o seu tempo e o seu esforzo para que isot sexa posible. Moitas grazas unha vez máis.

Pola nosa parte, nas aulas elaboraron cestiños con material de refugallo para transportar as castañas ata a mesa da merenda.





E despois de merendar tivemos tempo libre de xogo amenizado por música seleccionada para a ocasión. Cancións galegas do Magosto e do Samaín encheron de acordes o patio.
E todo tempo houbo un grupiño de "bailonas" e "bailóns" que procurou un deses momentos máxicos do cole. Momentos nos que grandes e pequenos compaarten actividade e onde ninguén é anónimo. Unha especialidade do noso cole!!


luns

XXXV MOSTRA DE TEATRO INFANTIL E XUVENIL DE NARÓN. E. INFANTIL

Por fin tocoulles o turno ás nenas e nenos de Infantil de asistir a esta Mostra.
Disfrutaron da represertación de "Acuario" da compañía "Os Ghazafelhos", baseada no libro de poesía do mesmo título escrito por María Canosa en Edicións Embora (que por certo, tedes na biblioteca).

Unha posta en escea dinámica, divertida e colorista. Onde había un pulpo precioso que poería facerse amigo do noso "Pulpi". Se non me credes mirade estas fotos!!



Gustoulles moito, moito, moito!

COMO ERA O SAMAÍN NOS TEMPOS DA MIÑA NAI

Alonso, alumno de 4º, entrevistou á súa nai para saber cómo celebraba ela cando era nena estas festas.
Compartiu con nós este precioso momento e agora compárteo con tod@s @s que aquí se asomen. E para que o poidamos recordar sempre.

Un boísimo traballo de investigación!

GRAZAS AOS DOUS!!





PERSONAXES DE MEDO DE GALICIA

Para traballar nas aulas o equipo de Normalización Lingüística eleborou un Power Point e un documento con información.
O equipo de biblioteca fundiu ambos arquivos nun novo, ao que lle puxemos música.
O resultado quedou así:






E esta foi a interpretación que cada aula de primaria fixo do personaxe que lle tocou compartir co resto o 30 de outubro, na celebración do Magosto e do Samaín.


martes

BIBLIOTECA CREATIVA CURSO 2019-2020







Xa sabedes que a nosa é unha Biblioteca Creativa.
O curso pasado entramos a formar parte deste programa que pretende apoiar a cultura da experimentación e da investigación, da robótica e da linguaxe de programación nas bibliotecas dos centros públicos que matriculan alumnado de infantil e primaria e que están integrados no Plan de mellora de bibliotecas escolares.
No curso pasado recibimos materiais e formación para a construcción de 4 Escornabots para a biblioteca escolar. E para traballar con eles elaboramos diferntes materiais e levámolos polas aulas para que a información do seu manexo chegara a todo o alumnado.

Nesta ocasión, ao ser o segundo curso dentro do programa, recibimos dotación económica para a compra dunha impresora 3D así como formación básica para poder crear os noso propios deseños.

A responsable da Bilioteca acudiu a unha xornada de formación celebrada o pasado 25 de outubro na EGAP  (Escola Galega de Administración Pública) en Santiago da que veu cargada de ideas e ilusións.





Aquí tedes unha presentación de fotos da xornada






luns

LIMPANDO A HORTA

Así foi como entre todos, axudándonos uns aos outros e colaborando conseguimos limpar ben a nosa horta para poder empezar a plantar.


domingo

BIBLIOTECA ESCOLAR, VIVEIRO DE CIDADANÍA

Con este lema iniciamos un novo curso nas bibliotecas escolares de Galicia integradas no PLAMBE (Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares).
Acompaña sempre ao lema do ano un cartel representativo creado por un/unha ilustrador/ilustradora salientable.
O deste curso é obra de Óscar Villán (ilustrador) e reflicte moi ben cal é a concepción dunha biblioteca escolar do século XXI. Fixádevos ben en cada unha das esceas do cartel e veredes moitas situacións que a cotío se dan na nosa biblio.


Se premedes na imaxe accederedes á entrada do blog da Asesoría de Bibliotecas onde se poden ler frases tan fermosas coma esta:


Cómpre sementar, crear ese hábitat axeitado para que os pequenos e as pequenas, os mozos e mozas vaian desenvolvendo a estima por si mesmos e polos recursos naturais e culturais á súa disposición, aprendan a convivir cos outros, adquiran paulatinamente os valores democráticos, o respecto polos Dereitos Humanos e a Cultura de Paz imprescindible para unha convivencia xusta, pacífica e enriquecedora para todos e todas. 

sábado

XXXV MOSTRA DE TEATRO INFANTIL E XUVENIL DE NARÓN. 1º, 2º, 3º E 4º

Esta vez tocoulles ás nenas e nenos de 1º, 2º, 3º e 4º de E. Primaria de disfrutar do teatro nesta edición da Mostra.
Asistiron á representación da obra "Patapatum" da compañía "Elegante elefante".

De que vai?
Pois lede isto extraído da páxina da compañía.



"SORPRESA! ¡Y una más! ¡Y muchas más! ¡Una montaña de regalos! 
Grandes, pequeños, pesados, ligeros, azules, verdes, naranjas, cuadrados y redondos. Regalos de todas formas y tamaños, siempre divertidos y asombrosos.
El niño, emocionado, no tiene manos para abrir tanto juguete. Los adultos, obligados por la espiral del tiempo, los compromisos y las obligaciones, no son capaces de encontrar un momento en su apretada agenda para compartir la fantasía con los más pequeños."



E tamén podedes ver o vídeo promocional da obra.





Un luxo poder disfrutar deste tipo de espectáculos dun xeito económicamente asequible.

mércores

COMO REMATA A GALIÑA AZUL?

A galiña azul de Lorenzo é condenada polas autoridades porque nin "fala" nin é da mesma cor cás demais, pero o pobo non está disposto a que o algalde se saia coa súa e apoia ao seu veciño e á galiña.
@s nen@s de 6º, na área de "Valores sociais e cívicos" escoitaron o conto de CArlos Casares mentres vían as ilustracións en Kamishibai.
Despois idearon distintos finais para esta historia inconclusa.

Cal escolledes vós?


luns

LIMPEZA DA HORTA ESCOLAR

Na porta da biblio, xunto a Pulpi, apareceu este cartel:





As nenas e nenos de 6º encargáronse da súa elaboración. Por fin empezaremos os traballos na horta. Estamos superconten@s. Como Pulpi:







I FESTIVAL ESCOLAR SOBRE O CAMIÑO INGLÉS E O XACOBEO 2021

O 18 de outubro todo o alumnado do cole participou neste I Festival Escolar sobre o camiño inglés e o Xacobeo 2021 organizado pola Federación de Anpas de Ferrolterra Concepción Arenal.

 En lancha dende Mugardos ao Porto de Ferrol e actividades varias nas instalacións habilitadas así como un percorrido a pe polo Camiño Inglés.


domingo

DÁNDOLLE Á LINGUA NA HORTA

A frase que construímos na proba final do primeiro día de curso, cando atopamos a Pulpi e o seu agasallo (unha horta escolar) é o lema de moitos dos traballos que faremos este curso.

Porque con este lema xuntamos tres dos pilares básicos cos que queremos traballar e propoñer actividades:

  • A HORTA ESCOLAR
  • A LINGUA GALEGA
  • A BIBLIOTECA ESCOLAR
Así que a entrada do cole está preparada para ser en certa maneira o escaparate de moitas actividades.

  • Unha exposición permanente dos fondos da biblioteca relacionados co tema e onde figurarán tamén outros que vaiamos adquirindo.

  • Un taboleiro enorme que ira variando co tempo onde aportaremos diferentes imaxes, propostas, ... Como un diario en forma de taboleiro.

O primeiro en aparecer no taboleiro doi este traballo de investigación que as rapazas e rapaces de3º e de  4º fixeron pola contorna coas súas titoras.


Leer más publicaciones en Calaméo

E así apareceu no taboleiro da entrada xunto coa exposición dos fondos da biblioteca:









Irémosvos informando dos cambios!!!!

sábado

XXXV MOSTRA DE TEATRO INFANTIL E XUVENIL DE NARÓN. 5º E 6º

O pasado día 16  o alumnado de 5º e 6º disfrutou da obra  "Lázaro de Tormes" da compañía Pedra de Cartón na XXXV Mostra de Teatro Infantil e Xuvenil que organiza o Concello de Narón.

Nela contan a historia clásica de Lazarillo de Tormes sen utilizar a voz e levando máscaras.
Podedes ver aquí un "Trailer" da obra.





Unha marabillosa obra e unha marabillosa experiencia para o noso alumnado.
Vivir o Teatro, sentilo e disfrutalo.

venres

LECTURA DO DÍA DA BIBLIOTECA 2019

Agora que xa abriu a biblio e que aínda estamos a facer melloras de mobiliario e de equipamento, celebramos este día coa lectura dun conto moi especial.

"Murciélagos en la biblioteca", da Editorial Juventud, unha historia divertida duns morcegos adictos á lectura, que acoden á biblioteca cando o bibliotecario se deixa unha ventá aberta, entón eles poden ler ata o mencer. Un fermoso conto, unhas fermosas ilustracións e ademais en verso!!

O seu autor, Brian Leis, proponnos unhas ilustracións divertidísimas que contan unha historia en sí mesmas, por iso nesta lectura proxectamos as imaxes na pantalla, para disfrutar mellor desta lectura.

Mira algunhas das ilustracións!!
Xeniais, non si?









E así de atentos estabamos tod@s durante a lectura:










xoves

DÍA DA BIBLIOTECA 2019

O 24 de outubro celébrase un ano máis o Día da Biblioteca que se vén celebrando dende 1997 por iniciativa da Asociación de Amigos del Libro Infantil y Juvenil.




O cartel deste ano é do ilustrador Miguel Calatayud, e o pregón é da escritora Gemma Pasqual.




E aquí deixamos o fermoso pregón de Gemma pasqual:


A SEN CONTO


Non quería ser princesa, non quería ser liberada polo príncipe azul. Tampouco que o bico dun Príncipe a devolvese á vida; nin que a salvase da explotación infantil, non quería esconderse na casa dos sete ananiños e ser a súa criada ata que un príncipe a viñese rescatar. Non era capaz de renunciar á súa voz polo amor dun mozo; nin esperaba que san Xurxo a salvase do dragón. Nobres princesas condenadas a durmir ou ao silencio, por orde dunha madrasta, dun pai ou dunha fada boa.


E puxo os seus zapatos vermellos e fuxiu do seu conto, correu e correu buscando refuxio ata converterse nunha sen conto. Era unha sen libro, unha sen papeis, non a querían en ningures.


Nunha casca de noz navegou polo Mar das Letras, e naufragou. Nadaba contra a corrente, fortes ondas de frases afogábana, e cando se deu por vencida e se abandonou á súa sorte, de súpeto salvouna a capitá Pippi Långstrump, unha nena libre, xenerosa, que nunca se aburría, que se atrevía a cuestionar o razoamento dos adultos. Acompañada por Matilda, navegaban polo mar das letras para rescatar todos aqueles personaxes que se aventuraban a cruzar o mar buscando un conto mellor. Heroínas con forte sentido da xustiza e do deber de protexer os máis débiles.


Finalmente, despois de moitos atrancos, chegaron a porto seguro, o Porto da Biblioteca, o Paraíso do que lle falara Borges: un lugar cheo de tesouros afundidos, como lle dixera Virginia Woolf; unha nave espacial que a levaría aos recunchos máis afastados do universo; unha máquina do tempo que a transportaría ao pasado máis remoto e ao futuro más afastado; unha saída a unha vida mellor, máis feliz e máis útil, como lle explicara Isaac Asimov. Un lugar onde non necesitaba ser princesa para ser a protagonista de todos os contos.


Longa vida ás bibliotecas, refuxio de todas, tamén das sen conto, das sen libro, das sen papeis, das nenas que non queren ser princesas e dos nenos que non queren ser heroes. Longa vida aos bibliotecarios e bibliotecarias, gardiáns do Paraíso, de máquinas do tempo e de grandes tesouros como son os libros.


Tradución: Héctor Cajaraville

________________________________________________________________


Nas Bibliotecas Escolares de Galicia, tamén temos un cartel moi, moi especial, baixo o lema "Biblioteca Escolar: Viveiro de Cidadanía", elaborado por Óscar Vilán.



Moitas destas esceas do cartel son habituais na nosa biblioteca e así queremos que siga a ser. Un lugar de encontro, de comunicación, de aprendizaxe, de intercambio, de respecto polos outros, para compartir, crear, aprender, xogar, descubrir..... Aprender a ser cidadán do século XXI.

Se queres engade tí nos comentarios do blog qué outras cousas fas na nosa biblio!!




COÑECENDO OS APEIROS DE LABRANZA CO ESCORNABOT

Este novo xogo de Escornabot, que estará a vosa disposición na biblioteca, elaborouse para o primer día de cole, como unha das probas que os grupos debían superar para atopar a Pulpi.

Trátase dun taboleiro doble, cunha cara m´çais sinxela (onde están as imaxes dos apeiros cos seus nomes) e a outra cara muda e na que as imaxes foron cambiadas de sitio para que teñades que fixaros ben.

Tamén conta con dous xogos diferentes de tarxetas. Unhas donde só aparece o nome de cada un dos apeiros do taboleiro e outras para niveis expertos onde non aparece o nome pero sí a sua definición e descripción.









Na biblio o atoparedes coas tarxetas gardadas no estoxo que o taboleiro ten pegadiño.



mércores

BENVIDAS E BENVIDOS

A profe Susana, con paciencia e horas de dedicación, fixo estes fermosos paneis onde estamos tod@s (nen@s e profes). Para vernos, para recoñecernos, para disfrutar...
Como teñen rodas, ás veces están na entrada do cole e as veces no corredor da planta de abaixo onde tod@s os vemos cando saímos e entramos do patio.



luns

EXPOSICIÓN DE FONDOS NA ENTRADA

Na entrada do cole expuxemos os fondos que sobre o tema do ano, "Dándolle á lingua na horta", temos na biblioteca e ahí expoñeranse tamén todas as novas adquisicións que vaiamos facendo, para que alumnado e profesorado poida ler e consultar cando sexa necesario ou apeteza.
Así de chula quedou a exposición.