domingo

XOGOS DO MAGOSTO 2018

Despois da estupenda merenda con que nos agasallou a ANPA e dun tempiño de descanso, iniciamos os xogos deste Magosto 2018.
Agrupamos ao alumnado en tantos grupos como xogos había, tentando que en cada grupo houbese representantes de cada aula.
Os grupos ían rotando polos diversos xogos despois de 10 minutos en cada un deles.

Organizamos: tragacastañas, carreiras de sacos, circuitos de chapas, tiro da corda, xogo de equilibrio colaborativo, peón e un xogo onde se debían resolver adiviñas e compoñer cantigas propias da data (porque a poesía e a biblioteca escolar tiña que deixar a súa pegada nestes xogos).

A verdade é que o pasamos moi ben e disfrutamos moito deste día.

Para que poidades practicar máis coas adiviñas e as cantigas volas volvemos deixar aquí, xa que os 10 minutos non deron tempo a que resolvérades todas.

Máis abaixo deixamos un vídeo que recolle momentos do xogo.

Aquí van as adiviñas






Aquí as cantigas para que as "armes":





Aquí as fotos de cómo luciron na entrada do cole:








E aquí o vídeo:


Ningún comentario:

Publicar un comentario