venres

ESTAMOS NO BLOG DE BRINCA VAI!

A actuación dos nenos e nenas de 2º de Primaria no Festival de Fin de curso 2014, cantando a canción "Nun libro!",  está no blog Brinca vai!.
Este blog foi creado a partir da publicación do Libro-disco Brinca vai!, do que xa falamos noutras entradas, e conta cun recuncho con vídeos dos nenos e nenas interpretando as súas cancións. tamén na páxina principal aparecemos na entrada do 4 de xullo.
E nós non podiamos faltar!

Esta foi a mensaxe de correo electrónico que enviou Paco Nogueiras (autor das cancións) cando lle enviei o noso vídeo :

Se clicas na imaxe saberás mais deste xenial artista.


Maravilloso! Vai directamente ao noso blogue. A miña noraboa a grandes e pequenos polo traballo ben feito. Chegar ao nivel destes rapaces vai ser complicado, mais seguiremos facendo cousas para que cantedes, bailedes e brinquedes.
É moi emocionante ver que a xente canta as cancións (e así de ben), todo ten sentido grazas a vós. 
Agardo seguir en contacto e gardar esta musical amizade.

Unha aperta enorme!
Moitas grazas.


Se clicas na imaxe podes acceder ao blog de Brinca vai!


mércores

"CAMIÑA DON SANCHO". ACTUACIÓN 5º E 6º DE PRIMARIA FESTIVAL FIN DE CURSO 2014

Un grupo de guitarras preparadas por Alberto (Eva de 2º, Clara, Inés e Lucía de 3º xunto a Iria e Icía de 6º), un oboe (Víctor de 6º) interpretando as introduccións musicais, e cantando a 3 voces os nenos e nenas de 5º e de 6º de Primaria. Todo un luxo do que disfrutamos neste festival de fin de curso 2014.
Para podelo disfrutar unha e outra vez aquí vos queda.


"ESA LUS". ACTUACIÓN DO ALUMNADO DE 4º DE E. PRIMARIA NO FESTIVAL DE FIN DE CURSO 2014

Grazas á xenerosidade do IES. Díaz Castro de Guitiriz coñecimos esta canción que trata da vida e da obra do poeta homenaxeado este ano nas Letras Galegas, e do que o Instituto leva o nome.
Gustounos dende o primeiro día que a coñecimos, e estes nenos e nenas non paraban de cantala a todas horas.
Este foi o resultado, que sen ser a versión que o alumnado do IES. de Guitiriz interpreta marabillosamente ben, está á altura tomando en conta a idade dos intérpretes. Ademais puxémoslle unha 2º voz no estribillo.


NUN LIBRO. ACTUACIÓN DOS NENOS E NENAS DE 2º NO FESTIVAL DE FIN DE CURSO 2014

En segundo de Primaria preparamos esta canción, que dalgunha maneira presenta un festival cargado de contos, e constitúe unha homenaxe ao lugar onde o celebramos "A nosa Bbilioteca".
Foi composta por Paco Nogueiras Nodar  e actualmente está editada no libro-cd Brinca vai! na editorial Kalandraka (unha das nosas suxerencias de libros para o verán).
Porque un libro é un  obxecto  máxico, un tesouro a conservar...

O SEÑOR CORPO. 6º DE E. INFANTIL. FESTIVAL FIN DE CURSO 2014

A partir dun fragmento do texto de Alicia Borrás Sanjurjo, "O señor corpo".
E estes pequenos cantaron así de ben a melodía que compuxo a profe de música.


ESCOLA DE O SEIXO

E un ano máis os nenos e nenas da escola de O Seixo agasalláronnos cunha interpretación musical.
Coas súas mans cheas de cores, con alegría e profesionalidade.
GRAZAS!

O COELLIÑO BRANCO. FESTIVAL DE FIN DE CURSO 2014

Na clase de 4º e 5º de Educación Infantil preparamos este conto, un dos seus preferidos.
Trátase dun conto tradicional portugués e a partir da edición galega de Kalandraka, escribimos unha letra rimada e puxémoslle música.
E este foi o resultado, (con medo escénico incluido).

OS VELLOS NON DEBEN DE NAMORARSE

Xa sabedes que os de 5º son moi "teatreiros".
E desta vez prepararon, nin máis nin menos, un fragmento de "Os vellos non deben namorarse", considerada unha das mellores obras de teatro de todos os tempos, e que foi escrita plo noso CASTELAO.
E é que non lle teñen medo a nada. E fan ben, porque a súa actuación foi magnífica.
Aquí vola deixo, (en dúas partes).

martes

POR CATRO ESQUINIÑAS DE NADA. FESTIVAL FIN DE CURSO 2014

Os nenos e neneas de 2º de Primaria interpretaron esta fermosa historia, que fala da integración e da solidariedade, e que tod@s deberiamos ter ben presente nas nosas vidas.
Prepararon esta representación coa súa profesora Paula e fixéronno moi, moi, moi ben.
É unha mostra clara de que os chamados "contos para nen@s" son en realidade "contos para tod@s".

A RATIÑA PRESUMIDA. FESTIVAL FIN DE CURSO.XUÑO 2014

Os nenos e nenas de 1º de Primaria prepararon esta representación coa súa profe Lydia. Mirade, mirade que bben o fixeron!