mércores

FESTIVAL DE FIN DE CURSO

Queremos compartir con vós a arte  que amosou o noso alumnado no Festival de Fin de Curso deste ano.

Non podemos compartir todas as actuacións por problemas técnicos e de dereitos de autor en parte das músicas utilizadas, pero si unha mostra de algunhas delas.

Aquí tedes vídeos da 1ª parte:


























E aquí os da segunda parte:




















luns

MONSTER. MI MONSTRUO FAVORITO

Este é o título que Cristian escolleu para o conto que fixo con Merce na aula de PT.

Foi todo un reto onde escolleu o personaxe principal dunha selección ofertada por Merce e ideou a historia coas súas partes ben definidas (inicio, nó e desenlace). Despois iniciou o traballo de redacción e de ilustración.
Quedoulle así de ben.





Despois durante unha sesión especial de "A Hora do Conto" visitou aos nenos e nenas de E. Infantil e leulles o seu conto, mentres a profe Merce ensináballes os dibuxos orixinais que Cristian fixera.

Disfrutaron moito tanto grandes coma pequenos... e especialmente Cristian que estaba feliz de poder compartir a súa obra.

Agora pasou a formar parte dos fondos da biblioteca na sección de produccións propias.

















APADRIÑAMENTO LECTOR

Xa nos tardaba levar a cabo esta actividade que tanto nos gusta a tod@s.

E por fin chegou o día.

Os afillados e afilladas escolleron o conto que querían que lles contasen as madriñas e padriños.
Os contos escollidos déronselle ás madriñas e padriños para que practicasen a súa lectura e dixémoslles quen era a súa afillada ou afillado pero deberían gardar o segredo.

E o fixeron así.
Chegado o día os padriños e madriñas foron as aulas dos seus afillados e afilladas a recollelos e desvelar por fin o segredo tan ben gardado, e buscar un sitio para a lectura.
Había moita expectación, alegría e algo de vergoña... pero foi todo gratificante.
No medio da actividade púxose a chover un pouquiño, así que moitas parellas (e tríos, que tamén había algún) tiveron que buscar un sitio mellor.

Cando remataban a lectura ou ben era @ afillad@ que leía agora o conto ou ben intercambiaban o conto con outr@s.

Así de especial foi este momento, onde todo o cole compartía lecturas.

1.- CHEGAN AS MADRIÑAS E PADRIÑOS!!!!



APADRIÑAMENTO LECTOR 2018 by Slidely Slideshow

2.- COMPARTINDO LECTURAS.





Apadriñamento lector. Compartindo lecturas by Slidely Slideshow

RECOMENDACIÓNS DE LECTURA PARA O VERÁN

Un ano máis entregamos e deixamos aquí no blog as nosas recomendacións de lecturas para o verán.

Tivemos moito coidado en facer esta selección, buscando libros especiais, deses que non só nos gusta ler, senón dos que queremos ter nas nosas estanterías, para disfrutar con eles unha e outra vez.

Clicade nos enlaces para ter máis información sobre eles.
De moitos podedes ver vídeos marabillosos elaborados para a súa promoción.
Non volos perdades e ...

A DISFRUTAR DO VERÁN!
E MOITO MELLOR SE É CUN LIBRO NA MAN!



Por exemplo:




















Molan, nonsi?

Pois xa sabedes!!! A facerse con algún exemplar!!

martes

SEGUNDOS CLASIFICADOS NO III CAMPIONATO DE CHAVE ESCOLAR

O pasado sábado 31 de maio celebrouse no Club do Mar de Mugardos o iii campionato de chave escolar.

Previamente a colaboración do Concello de Mugardos cos Amigos da Chave de Ferrolterra facilitou que o noso alumnado practicase esta actividade lúdico-deportiva.

Logo presentáronse na competición xunto a equipos dos outros centros educativos do Concello e @s nos@s representantes quedaron no segundo posto.

Queremos felicitar a tod@s os participantes por colaborar no mantemento dos xogos tradicionais.






venres

PROXECTO "UNHA EIRUGA MOI LARPEIRA"

En E. Infantil están a traballar nun precioso Proxecto baseado no conto "Unha eiruga moi larpeira" de Eric Carle, e no cuidado e observación dos vermes de seda.

Aínda non o remataron de todo porque os vermes están a empezar a facer os seu capullos, pero non podiamos esperar máis para compartilo con vós.

Ademais deste conto traballaron con outros que tamén tratan da metamorfose da eiruga a bolboreta, proceso que segue a parecer máxico a calquera que o observe na natureza.

Cada día unha nena ou un neno da clase leva uns cantos vermes a casa nunha fermosa casiña e encárgase de coidalos e alimentalos ben. Tamén leva para casa un exemplar do conto para que o conten na casa, pois xa o saben de memoria.
Ademais, cando rematen, cada alumn@ terá o seu propio libro nun conxunto de fixhas que foron elaborando e traballando na clase.
Para que vos fagades unha idea mirade aquí o que fixeron.





E aquí vos deixamos un "booktrailer"do conto, un anuncio de toda a vida, elaborado coa técnica stop-motion pola responsable da biblioteca esxolar nun curso no que participou hai 2 anos.



As voces son do alumnado que a día de hoxe van en 3º. Moitas grazas chic@s!!







xoves

NON LEAS?


A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria editou un díptico para conmemorar O Día do Libro e dos Dereitos de Autor ( 23 de abril ), cun texto dunha figura referente da literatura galega actual, Fran Alonso, un dos poetas preferidos da nosa biblio,  quen  xenerosamente cedeu esta marabilla de texto. E como di na traseira "Un agasallo para as Bibliotecas Escolares de Galicia".







Un cartel en grande do díptico enteiro estaba situado na entrada da biblio para que o lera quen quixera. En 5º e 6º  traballaron co texto nas aulas, analizándoo e extraendo todo o seu significado.

E co alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º de Primaria elaboramos un vídeo na biblioteca, practicamente improvisado no que todos comprenderon a ironía do mesmo. (E gustoulles moito).



HORA DE LER EN 1º E 2º

Os luns 1º e 2º xúntanse na biblio na Hola de ler.
ás veces len contos da biblio. Outras as profes son as que len un conto.
Pero outras son os nenos e nenas de 2º os que contan un conto aos demais.
Iso foi o que pasou o outro día.
Yeray de 2º leu o divertido conto "Soy un artista" de Marta Altés na editorial Blackie Little Books ao resto.
Así foi o momento:



HORA DE LER by Slidely Slideshow

Aquí tedes algunhas imaxes do libro:









martes

TELEXORNAL DE 3º E 4º

En 3º e 4º traballaron moito este ano coa prensa.
Así o alumnado traballou sobre os textos propios deste medio de comunicación elaborando as súas propias entrevistas, noticias diversas.....
Escribíronnas a man, logo pasáronnas a ordenador e por último gravaron un vídeo do seu "Telexornal".

Aquí o tendes.
Moita atención as súas noticias!!!


luns

CHARLA SOBRE ALIMENTACIÓN SAUDABLE

O pasado venres 1 de xuño impartiuse na biblioteca unha charla sobre alimentación saudable ao alumnado de 5 º e 6º, baixo o título “Balancéate!”.
O programa inclúese no proxecto de prevención de condutas aditivas “Saúde na escola”, subvencionado pola Consellería de Sanidade, que Fene leva a cabo en común cos concellos de Mugardos e Neda.

Se clicas na imaxe podes acceder á páxina web do Concello de Fene que recolle esta e outras propostas de intervencións socioeducativas.

Agardamos que teña servido para unha maior concienciación sobre a importancia dunha alimentación e vida sá.










venres

LETRAS GALEGAS 2018

Colocamos os carteis enviados pola Consellería nos corredores do Centro, e visitámolos por curso.  A actividade consistiu na lectura dos carteis e charla coloquio sobre o tema durante a visita a cargo das titorías.

Tamén e a  proposta do EDL e repartindo o traballo entre os “antiguos Ciclos”,  seguimos a completar o Libro de Biografías de Homenaxead@s  polas  Letras, así como unha manifestación plástica de cada un dos escollidos. Este ano, ademáis de Mª Victoria Moreno, homenaxeada no 2018, os autores cos que traballamos foron Xosé Mª Álvarez Blázquez e Eduardo Pondal.



LETRAS GALEGAS 2018 by Slidely Slideshow


Ademais proxectamos na "Hora do conto" o vídeo que fixeron os nenos e nenas de 2º de E. Primaria sobre o conto "As ás de Xenoveva", lectura que realizaran na clase durante este trimestre.
Eles mesmos fixeron os decorados, os personaxes aos que lles deron vida cos seus movementos e a súa voz.

FENOMENAL TRABALLO, CHIC@S!!!!!!




Aquí tedes unha foto do momento da presentación do seu traballo:


Ademais, en 3º, están preparando un vídeo sobre "A festa no faiado", conto escrito por Mª Victoria Moreno. Para iso traballaron co material ofrecido polo Seminario Galén, que tiñan pasado a teatro este conto tan doce de Mª Victoria.
Está a piques de rematar. Tan pronto saia do forno volo poñeremos no blog.





xoves

PROXECTO PILOTO E-LBE.2


Este curso o noso Centro foi  seleccionado como  participante deste Proxecto Piloto que tenta  fomentar a lectura dixital na comunidade educativa. A Consellería de Educación, Cultura e Formación Universitaria seleccionou un total de 50 Centros de toda Galicia, aos que dotou cunha partida económica para a adquisición de dispositivos de lectura dixital para a Biblioteca Escolar.
Esta iniciativa está enmarcada no Plan LIA 2016/2020, a folla de ruta que se marcou a Consellería para continuar co seu traballo a prol das Bibliotecas escolares e o fomento da lectura nese 4 anos.
O Proxecto E-LBE.2 pon a nosa disposición un novo recurso que amplía os fondos da biblioteca cunha selección de recursos en formato dixital a través dunha plataforma de empréstito gratuíto de fondos dixitais (ODILO) para @s participantes no Proxecto.




Podes acceder a esta plataforma clicando na imaxe que colocamos na marxe dereita do blog e podes consultar os fondos dos que dispoñemos.


Se eres usuario da plataforma (alumnado, profesorado e familiares que así o solicitaron) poderás descargar en ordenadores, tablets, móbiles e e-readers ("libros electrónicos") o empréstito seleccionado e disfrutar da súa lectura (ou audición, xa que tamén conta con audiolibros).
Atoparás fondos en Galego, castelán e inglés.

Para facilitar aos usuarios unha correcta descarga e un uso axeitado da plataforma editamos un folleto explicativo que tamén podedes ver na columna da dereita do blog.

No Centro, coa achega económica recibida mercamos 8 tablets cunhas fundas personalizadas cun logo deseñado para a ocasión. Optamos pola compra destes dispositivos porque ademais da lectura destes fondos dixitais, nos permitirán utilizar outros recursos na nosa tarefa educativa (apps educativas, educar nas Tics ao alumnado...). 





A que é chulo?
Xa vos iremos contando como marcha este proxecto e que facemos coas tablets.

martes

A FESTA DOS MAIOS


A Asociación cultural Apelón, coma o curso pasado, ofertounos unha celebración da Festa dos Maios. 

Eles encargaríanse de proporcionar as estructuras que entre tod@s adornaríamos e traerían un grupo folclórico galego para amenizar a festa (por cortesía do concello). 
A proposta da biblioteca escolar e da profesora de música o cole preparou unha copla dos maios cantada por tod@s e unha danza de paus interpretada por 6º, despois de documentarse axeitadamente.

Finalmente a colpla cantada por todo o cole consistiu nun poema de Álvaro Cunqueiro ao que lle encaixamos a música dunha panxoliña tradiconal.
Elaboramos os paus serrando paus de escobas dos grosos (gracias Alberto!!) aos que lle colocamos fitas de cores nun dos extremos.

A celebración ía ser ao aire libre, nunha praciña cerca do cole,  pero por mal tempo tivo que ser no patio cuberto.

Primeiro, acompañados por un grupo de música tradiconal por cortesía do Concello de Mugardos decoramos entre tod@s dous maios ben bonitos (un con forma de cono e outro con forma de hórreo). 


ADORNANDO OS MAIOS by Slidely Slideshow

Logo cantamos tod@s xunt@s a nosa copla. Así de ben o fixemos:




E despois de cantar, o alumnado de 6º (xunto á profe de música porque faltou un participante) bailaron a danza de paus que montaran.


venres

IAGO CONTACONTOS


Un ano máis e por cortesía da editorial Anaya recibimos a visita de Iago contacontos
Nesta ocasión contounos co seu bo facer o título “A axente Riciños”, libro que forma parte da colección de fondos da biblioteca. 
E tamén coma sempre engaiolou ao público (de E. Infantil ata 4º de EP), de certo, empezada a súa actuación escoitouse a Mario de 2º dicir, "es buenísimo!!".
Todo un crítico artístico!!!






 
IAGO CONTACONTOS by Slidely Slideshow

ABRIL, MES DOS LIBROS

Como cada ano convidamos a pais/nais/avós/avoas... a que viñeran contar un conto á biblioteca.
Podían escoller eles o conto aceptar a proposta da biblioteca, podían escoller o agrupamento ao que querían coma público e o días para vir.

Estas foron as distintas intervencións que tivemos.

Ana, nai de Xan.

 
ABRIL MES DOS LIBROS by Slidely Slideshow

Francisco. Avó de Miguel:



AVÓ DE MIGUEL abril 2018 by Slidely Slideshow

Laura. Nai de Aitor e Sandra.



LAURA, NAI DE AITOR E SANDRA. ABRIL MES DOS LIBROS by Slidely Slideshow

María, nai de Alonso.


MARÍA, NAI DE ALONSO by Slidely Slideshow

Patricia, nai de Manuel e Juan.


PATRICIA, NAI DE MANUEL E JUAN by Slidely Slideshow


Patricia, nai de Candela.


PATRICIA, NAI DE CANDELA by Slidely Slideshow