jueves

OS DE 5º E 6º CHEOS DE VIDA!!!

O profe Fran e a profe Carmen participaron este ano coma alumnos nun curso celebrado no CFR de Ferrol  sobre Coro Escolar.  Foi alí onde Ramón Bermejo, un dos profesores do curso, propuxo a idea de gravar un vídeo de moitos escolares da zona cantando nunha nave como coro dalgún grupo galego.
A súa proposta foi ben acollida polos que participabamos do curso e polo asesor do mesmo , José Antonio Sordo Freire, que conseguiu a colaboración de Navantia-Ferrol para utilizar as súas instalacións neste evento e  foi quen de xestionar os medios materiais e humanos para levalo a cabo.

Ao pouco recibimos un correo de Ramón no que nos indicaba que se pretendía facer algo parecido a este vídeo que aquí vos deixo, co "Aleluia" de Leonard Cohen e que xa leva máis de CINCO MILLÓNS E MEDIO  de reproduccións!!! Unha xoia!!!






Ao pouco xa tivemos nas nosas mans o material para poder traballar coa canción escollida.
Sería "Chea de vida" de Guadi Galego.

Entón foi cando en 5º e 6º empezamos a traballar coa canción, a perfeccionar a interpretación da mesma, tanto en entonación coma en ritmos, tempos e expresividade.
Dende un principio gustou a idea e a canción e iso fixo que o traballo fose moi doado e pracenteiro.

O acto íase celebrar o 11 de maio en Navantia, así que iniciamos os ensaios conxuntos dos dous grupos que ata o momento ensaiaban por separado. Primerio na clase de música cos profes e dous días antes do "evento" con Ramón Bermejo na biblioteca do cole.







E por fin chegou o día sinalado!!!

Fomos en autobús xunto con compañeiros do IES. de Mugardos ata Navantia-Ferrol. Segundo baixamos do autobús xa nos colocamos no espazo que nos tiñan sinalado dende a organización.
Pouco a pouco foise enchendo a nave con nenos e nenas, mozos e mozas participantes.

Xa nos tardaba empezar. Sabiamos que iamos cantar a canción 3 veces. Unha primeira de ensaio e outras dúas para "gravar". E por fin entrou Guadi e o seu guitarrista e subiu ao escenario. Tamén subiu Ramón e, despois de indicar aos profes que se separasen.... EMPEZAMOS!











Foi moi emocionante participar neste momento tan especial. Estar alí, no medio e medio de máis de 1000 nenas e nenos, unidos pola música, disfrutando de facer e construír xuntos algo tan fermoso.

Volvimos ao cole encantados da experiencia e desexando ver o resultado final!!!



No hay comentarios:

Publicar un comentario