domingo

IAGO LÓPEZ E "O COCIÑEIRO MARTIÑO" POLO DÍA DO LIBRO

Un ano máis tivemos o grande privilexio de recibir a visita de Iago López, contacontos, actor e escritor, que xa nos deleitou outros anos e que sempre, sempre nos deixa un moi grato sabor de boca, tan grato que sempre nos sabe a pouco.

Este ano volveu facelo unha vez máis, pero ademais nesta ocasión cun conto sda súa propia autoría: "O cociñeiro Martiño", que vai facer un biscoito exquisito para o rei, a ver se lle dan a praza de cociñeiro real, pero para iso precisa primeiro ter os ingredientes....

Esta visita, coma as anteriores foi por cortesía da Editorial Xerais, á quen lle agradecemos poder contar cunha actividade desta categoría e poder celebrala con motivo do Día do Libro. Todo un luxo de celebración.

As nenas e nenos dende E. Infantil ata 4º de E. Primaria, e as profes, pasámolo así de ben:




IAGO LÓPEZ NA BILBIO by Slidely Slideshow

No hay comentarios:

Publicar un comentario