sábado

FESTIVAL DE FIN DE CURSO NA BIBLIOTECA

Un ano máis celebramos o festival de fin de curso na Biblioteca.
Os nenos e nenas de 6º foron os presentadores das moitas e variadas actuacións:
- "Danza dos 7 saltos" a cargo do alumnado de 3 e 4 anos.
- Os de 5 anos cantaron "Debaixo da figueira", canción popular galega, con moita arte.
- O alumnado da Escola Infantil de O Seixo interpretou "Donde están las llaves", tradicional infantil, acompañados por música a piano e con decorado e todo. Unha marabilla.
-Margarita, a profe se relixión preparou unha actuación conxunta.
- En 1º de Primaria non perderon o tempo durante o curso, así que acompañaron con instrumentación "Ma navu", danza de Israel, e logo nola bailaron.
- Os de 2º cantaron con moita sensibilidade o "Romance da lavandeira" e tamén nos bailaron unha interpretación de "El amor bruxo" de Falla, con bruxo, fogueira e namorados... que fixo as ledicias do público.





- En 3º e 4º cantaron "No niño novo do vento", poema de Álvaro Cunquiero e música de L.E. Batallán, con moi boa afinación .
- Alex, de 3º, foi mago por un día. Agasallounos cunha grande representación de xogos de maxia, na que amosou todo o seu talento para a interpretación, deixándonos admirados coa súa arte.
- Despois disfrutamos das coreografías de baile que o propio alumnado ideou para a asignatura de Educación Física. Así 3º e 4º, 5º e 6º amosaron sendas coreografías moi ben interpretadas e con moita marcha.
- O alumnado de 5º interpretou un rap vocal no que recordaron a todos que chegaban as "Vacacións de verán". Estiveron increíbles.
- Xa rematando , o alumnado de 6º fixo gala dalgunhas das súas moitas habilidades. Primeiro interpretaron á frauta unha peza chamada "O canto do paxaro". Seguidamente ofrecéronnos unha peza de Percusión corporal mixturada con voz que deixou ao público asombrado pola súa espectacularidade e boa execución.
- E como broche de ouro a tan marabilloso festival, o alumnado de 5º e 6º, Eva Fernández (exalumna do cole co cello) e 3 compoñentes do "Quinteto Ponticello" como artistas invitadas (Brenda ao violín, Andrea ao cello e Laura ao contrabaixo), baixo a dirección de Alberto, músico e conserxe do cole, interpretaron unha adaptación da canción Wathever do grupo Oasis.
Aquí a tendes para non esquencela.

No hay comentarios:

Publicar un comentario